Si, polo ghuasá, polos esemeses, polo bló, combinamos para encontrarnos no Naval... Mais
à hora acordada, portas pechadas!
 |
A impuntualidade tamén é algo criminosa... |
E unha vez que foron abertas... non había ferramenta!
 |
Localazo temos, e dornas para enchelo tamén! |
 |
A falta de machadas... agardar! |
 |
...e ir preparando a materia prima. |
Unha vez chegada a provisón de machadas e martelos, xa puidemos comezar a traballar. Tinhamos que espabilar, porque non nos podia pillar a noite. Lembrade que o local non ten instalación eléctrica!.
 |
Aprendendo a golpear sen tronzar. |
 |
Aínda que os picheleiros tenhen sistema propio de descascado. |
Unha vez acabados os pinheiros (xa tinhamos case todo o traballo feito do sábado pasado), tocou a quenda dos alcolitros.
 |
Á tona dos alcolitros aplicámoslle a espátula. |
 |
E volta e dálle! |
Como eramos xente abonda, un grupo marchou a Vilaxoán, pois temos a mudanza sen acabar de todo. Había que traer a madeira para panas e táboas que quedaba alá.
 |
Preparando a viaxe a Vilaxoán, como nos vellos tempos |
E a tarde ía caendo...
 |
E a luz ía a menos... |
 |
Porque ademais vinha acompanhada de fortes sarabiadas. |
 |
A proba do traballo feito, no chan! |
E no fondo do local, alleos a todo, os Javieres amarraban paus para que sequen dereitos e sen voltas.
 |
Amarraban ás tentas, quen sabe como vai ir iso! |
E coa escuridade no interior do local, acabou a sesión de traballo de hoxe.
pero como te queixas do horario,da falta de ferramenta,,,, e ,que estamos en dorna, que ai que falar ,non ves k ahora non nos vemos todolos dias,,,, como sodes,, traballaso e ben feito ,,,noraboa a todos
ResponderEliminar