xoves, 30 de xaneiro de 2014

Destonar destonarei...

Se vos fixades, aínda hai casca que descascar...
Ei, pensavades que a cousa ía ficar así!! 

Que o sábado pasado non acabamos o choio!! 

 Este sábado, 1 de febreiro, às 16.30 horas, quedamos no local novo do Naval para: 

  • Acabar de destonar os pinheiros que faltan dos que tronzamos o outro día.
  • Falarmos de traballos pendentes
  • Comentar e decidir sobre novos proxectos

P.D.: E fai falta uma persoa que saiba de albanelaría avanzada para unha masterclass (aghora chámanlle así). E se essa persoa voluntaria existe, ha de dicirllo a Salva para que merque os materiais para o traballote que debe facer: colocar uns bloques sen que caian, basicamente.


1 comentario:

  1. Dame mágoa non poder ir traballar, pero podo vivir con iso. Iso sí: avisade de que van eses novos proxectos, caramba, queremos saber!

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende