Moita poesía, moita poesía, mais o día amenceu apoallado e se rastro do sol...
|  | 
| Algunhas saimos da casa por dar unha volta... sol a lucir en ningures! | 
 | 
E non pensedes que a cousa mellorou caminho da Bacariza...
|  | 
| Polo menos no río a néboa estaba máis alta... | 
A Comunidade de Montes de Dodro, deunos permiso para rarear os seus pinheirais e levarmos uns cantos paus para dornas.Chegando ao monte, todo foi baixar dos coches e organizar as cuadrillas de asalto: con cada patrón, tres podréns aprendices.
|  | 
| Fixádevos en Parada. Agora entendemos por que comezou sen equipo.... | 
|  | 
| A Adelino ninguén lle explicou que se quería camuflarse, había de vestir outra cor! | 
E cando aínda algún grupo andaba a buscar o seu espazo no monte...
  
|  | 
| ...xa Parada, sen axuda, botara abaixo o primeiro pau. | 
As que quedamos con el, recibimos unha boa clase de Selección do Mellor Pau Para a Dorna de Regata...
|  | 
| Primeiro ver ben se o pinheiro crece recto e sen voltas... | 
|  | 
| Comprobar a súa gordura e observalo desde lugares diferentes | 
|  | 
| Cando por fin nos decidimos, picar avisando aos cans da redonda  ;) | 
|  | 
| Pau vai!!! | 
|  | 
| Unha vez no chan, picar polas e alisar nós. | 
Ao longo da manhá cada cuadrilla tinha orde de picar tres paus e as varas e vergas que encontrase. Chegada a hora, a remolcadora Bea foi apanhando grupos polo caminho.
|  | 
| Orgullosísimos do traballo feito! | 
|  | 
| As cuadrillas reunidas de novo, repasando paus. | 
Antes de ponhelos a secar, os paus tenhen que ser descascados. Como o xantar aínda non estaba pronto, aproveitamos para adiantar traballo. Sacar a caropa ten truco:
|  | 
| Co canto da machada golpeamos a casca e raspamos despois. | 
|  | 
| Con tanto golpe, aprendemos onde naceu o son da txalaparta. | 
|  | 
| Venha, que falta pouco!! | 
|  | 
| Acabamos! Canto se adianta habendo xente! | 
Se fósemos realmente tradicionais, teriamos levado con nós toda a casca para tinxir con ela o trapo das velas e evitar que lles entre a piolla.
|  | 
| Pero como non somos tan tradicionais, deixámola no monte. | 
Ai, que fame!!! A familia Angueira & friends estaba nos locais da Comunidade de Montes preparando o super-menú, tan necesario para unha xente que traballa.
|  | 
| A sesión vermú mentres acaba de facerse o xantar. | 
|  | 
| Ahhh!! Xa entendemos o menú: SAMORINHAS!!! | 
|  | 
| Arrós con chopo na mesa d@s comedorinh@s. | 
|  | 
| O Angueira máis roxo atendendo a carne... | 
E claro, como, sempre, para rematar, como se xunten a fame e a ghana de comer, hai que acabar con gintonis e cantigas... Total, xa chovía!
|  | 
| Hoxe aos dous tenores faltoulles Pa(co)varotti. 
 
 | 
Até aqui a minicrónica. Senhor Anómino, estará vostede contento!
 
Gustoume o documental; falando da casca dime alguén "tradicional" que practicou (entre os anos 40 e 50 do século pasado) coa tintura da casca que tamen lle metían casca de salgueiro seco...e facían un caldo potente de taninos (supoño) para o tramallo e tamén para algún trapo veleiro... como en todo cuestión de gustos (seguramente con causae cognitio) . Xa vexo que de motoserra nada, polo menos á vista; ¡¡machada que te criou, ¡ta bien! Falas de autorización da mancomunidade, vale se vostede o di (nihil obstat), e curioso tamén o señor presidente regando con zume de oliva (parece unha botella de abril) ás señoras zamburiñas que estaban abrindo a boca ó ser sometidas a tales calores...E non pode faltar a mención ó "canis", cando non anda no mar anda no monte é unha cadeliña "all road". O dito reportaxe total. Diolopaje por toda a informasión. Esto manteme vivo ata que cheje o vran, jrasias.
ResponderEliminarpois si ,moi contento , eu so con ver o animo,ghanas e disposision da xente cada ves que se fai un chamamento pa traballar xa me c0ntenta e moito ,bueno a cronica ten, ou faltanlle fallos ,o sol si que saleu ,o que pasa e que a cronista so por fastidiar non lle quixo quitar unha afoto e despois mosqueouse`( o sol) e xa non quixo sair mais pensa ela(a cronista) que o sol non lle ghusta salir no blog mais visitado da nosa terra ,a ,e ahora espera ,a saber cando tera ghanas de salir ... Boisima a cronica ,as fotos ,o traballo e a acollida por toda familia angeira que sempre nos acollen como se foramos da casa, agradesidos de corason .un saudo... o anonimo de Salva
ResponderEliminar