martes, 20 de maio de 2014

Un mar de letras 5: the day before part one

Para poder ter todo listo o Día das Letras, despois de ir a Marín a buscar a xeiteira Nova Marina, despois de botar abaixo a Peça de Rabo no Naval, aínda faltaba empialas, é dicir, colocarlles os paus, que parece de chiste, mais non o é.

Seique antes o facían cinco ou seis homasos marinheiros con manha e sen máquinas, porén nós xa nacimos senhoritas e preferimos tirar do Allogar, o bateeiro dos irmáns Allo, que ten un guindastre estupendísimo para colocar paus de dornas de tope e lanchas xeiteiras.

E quedamos nos pantaláns do Chufre o venres pola tarde...

O bateeiro dos Allo, e os Allo mesmos, sempre están cando os precisamos.
As dúas embarcacións, fondeadas e como sen ansia...
Atención!, se no bateeiro embarcamos tres persoas, e para amarrar a Peça de Rabo mudaron dúas de barco,

Quen gobernaba o bateeiro? Quen?
Imos aló!
No pantalán agardaba o resto da tropa para dar inicio á Operasión Gharabullo.

O guindastre estaba preparado, cos cabos enfiados.
IMPORTANTE! Antes de facer nada, coloquemos as drisas!
Levando o pau à pía (a vaca ao boi)...
O operador maquinista apuntando ao burato.
Skyline tecno-tradicional
Venha que vai!
-A ver, ouh, está ou non?
Unha lista, que pase a seguinte!!
E a NovaMarina abalroouse ao Allogar.
Amarrando o pau con lazada máxica.
Comezando a levantar o pau, co rapasinho dos recados na Javiota.
Pau empiado!!
E barcos listos para o 17 das letras!!!
Porén, aínda que non o pareza, a tarde aínda deu para máis...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende