luns, 26 de maio de 2014

Imos às festas de San Pedro!


O campo da verbena pola noite...
E non a San Pedro de Muros, que tamén podemos ir, mais as de Itxas Jaia en Lekeitio, ese lugar bonito das fotos. Como son as festas de San Pedro son do 27 ao 29 de xunho, claro.

Ben, imos se hai sitio...

A FGCMF subvenciona a viaxe con até 440 euros por barco. Ademais a organización, EUSKAL BATEL- EROAK , ofrece lugar para dormir no ximnasio da ikastola e un bono de 15€ para 4 comidas (os almorzos son gratis); A FGCMF considera que, dependendo das inscricións, é probábel que se cubran íntegramente, ou en boa parte, os custos de desprazamento das participantes.

O peirán de día...
As persoas interesadas teredes que solicitar praza antes do 29 de maio, a través do correo electrónico secretaria@culturamaritima.org especificando o número de participantes e nome de embarcación.
Asimesmo deberedes enviar unha copia do seguro da embarcación para a obtención dos permisos en capitanía por parte da organización.

E xa sabedes: se nos organizamos, collemos todas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende