Manhá, 17 de maio, no porto do Cantinho, as embarcacións grandes da ENT Dorna, e as cantadoras, tocadoras e bailadoras da ACD Dorna, agardan por vós para celebrar que temos unha cultura viva e unha lingua feliz.
Ao cadrar en domingo o Día das Letras pasa a ser algo así como xubilar: Ano Santo Letreiro. Por esta razón faremos algunha actividade especial levando en procesión marítima a todas aquelas persoas ofrecidas a utilizar o galego sempre, e non só para ser deputadas ou concelleiras.
A actividade comezará às 11 da manhá, hora en que o gurpo de música tradicional da ACD Dorna, despertará a toda a vecinhanza coas suas muinheiras e xotas e rumbas e pasodobles. Xa no Cantinho, despois de botar unhas bailas, falarán do que lles pete:
- Susana Sánchez Arins (grandisísima poeta)
- Anxo Angueira (un poeta novo ao que estamos a darlle unha oportunidade)
- Xurxo Souto (Un amigho de alghén que seique sacou un librinho sobre Contos do Mar de Irlanda)
A continuación recibirán por primeira vez as augas salgadas, non unha, mais DÚAS novas dornas. Como sempre, acompanhadas do Himno do Antigo Reino da Galiza.
E acabaremos a manhá procesionando polo mar da Arousa, ese caminho.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende