O venres o presi non puido vir, pero mandou recado:
 |
Moito choio para unha tarde!! |
Por suposto, na ENT Dorna somos moi ghiadinhas e obedecemos desde o primeiro minuto...
 |
E mandamos o Allogar a pola Peça de Rabo. |
 |
Inchadinha, negra e sen vela... |
 |
Bota un risón, home de joma!! |
Peza de Rabo varada e agardando a seca para lle pór o bitoque (iría Inacio?)
 |
Segunda fase: buceta e bote polbeiro. |
 |
Primeiro a buceta... |
 |
Haisilver!!! Tó, vaca, tó! |
 |
O bote polbeiro é máis levadeiro... |
 |
Os barcos todos que tinhamos que subir, buuffff! |
 |
Decidimos mandar a Lino, que podía mollar os pés... |
 |
Venha que vai!! |
 |
Socatira, deporte olímpico: é só un socón e xa! |
 |
Campioas!! Demos subido o Republicano! |
Levamos o racú para o local do Naval, baixamos a Mimela para librar un remolque...
 |
...e deixamos a Larry achicando para subir a buceta... |
 |
- E imos subila no remolque? buuffff |
 |
Venha!! Que é só un socón e xa!! |
 |
Pois aghora alghén ten que achicar o Rebello... |
- Eu xa achiquei todo isto, e se medides, son moitas cacharretas de dios. Eu non vou!
 |
- Anda, vai ti... |
- Si, oh, e mollar os pés!
-Mellor que vaia o rapaz!
Non aparecían voluntarios. Decidimos agardar unha horinha a que baixase a maré (total, o presi non estaba...)
 |
Covardes meludos!! Menos mal que estou eu aquí!! |
 |
E Belén achicou, ela soínha, o bote polbeiro. |
 |
Venha, que é só un socón e xa!!! |
E xa non demos para máis, senhor presidente. Quedou para o sábado o empanetado. E arborar a Peça de Rabo e a Nova Marina.
Quedaría feito?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende