Hoxe tocaba baixar a Peça de Rabo para botala ao mar a encharcar, que xa está aí o 17 de maio, pero en Houston-CanaNaval tivemos un problema:
Alguén plantou o seu porchito diante do noso portal... |
Así que, mentres agardabamos que o amo sacase o carricoche do medio, fomos facendo outros traballos.
A fondear varas e paus, para que non escachen por secas. |
Á volta, como o porchito continuaba no medio e medio, fomos facendo outro asunto: reflotar o submarino que vós non sabiades que tinhamos.
O racú disposto a abandonar os fondos marinhos. |
Amarrando o Republicano para que non se monarquice. |
Recuperando a flotabilidade... |
- Marchou o porchito?
- Aí segue.
- Ui, vai levar nas cachas...
Pois perfeccionemos a buceta mentres...
Hai que sacarlle esas manchinhas de sica... |
Ghuaue!! Maravilla!! |
- E non aparece!
- Haberá que pintarlle de patente a obraviva
- He, he, había quedarlle ben!!
Pois nada, varemos a xeiteira, a ver se non está cando voltemos...
Alá están Salva e Inacio a resgatar a Nova Marina. |
Novo deporte náutico: poping-surf! |
Queriamos levala xunta o Komaira... |
Pero fóisenos às pedras, ai! |
Mas ao final demos feito... |
...con auténticos nós de mestra. Nunca mellor dito. |
E cando voltamos, o porchito seguía alí.
- Se polo menos lle puxera a xesta do maio! Pois imos pola planeadora, a ver se así.
- Como aínda estea á volta, ighual leva uns pandullasos!
Venha arriba! |
Como era que se chamaba a planeadora? |
Non queirades saber por que tinhamos a Trancas camuflada... :) |
Venha, que se está aínda o porchito, vaille a ghamela enriba! |
E o do Porchito, xusto apareceu cando gardabamos a Xastelas.
- Home, horas eran! A ver se o sac... Anda!! se és Nolito!!
Era Nolito. |
- Que Nolito?
- O do Celta, podrén!!
- Ah, vale, pero saca o coche do medio, que temos que levar a encharcar a Peça de Rabo.
- Ai, muller, déixalle estar o coche aí, que é Nolito!
E a Peça de Rabo agardará até manhá... se non ven Larrivey pola Arousa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende