xoves, 31 de marzo de 2016

Presidenta!




Fala Uxío, e fala por todas nós, que mandamos un carinho à familia: 
 
Que hoxe non remate o día sen dedicar unhas palabras para quen foi a presidenta da ACD Dorna desde o ano 2000 ata polo menos o 2007. 
Con ela como presidenta naceu a Escola de Navegación Tradicional. Grazas ao seu empeño e dedicación ata aquí chegamos. 
Representante máxima de música e baile tradicional da ACD Dorna, falece unha persona significativa para Dorna. 
O meu agradecemento personal para Pilar Muñiz, "A Tosca".



[a imaxe é de Thais Núñez, que seguro non se incomoda porque lla tenhamos roubado]

 

1 comentario:

  1. Non me incomoda, ao contrario. Compartimos a mesma dor.
    A presidenta que marcha, sei que estaría encantada de que Dorna e eu lle regalásemos unha foto.
    Forte dor de corazón a que nos deixa.

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende