Vai alá marzo marzón e nós así, con este galeón!
|
Às voltas co minio!! |
Sen acabar de arranxar os parafusos, sen colocar os sins, sem dar o patente... Coa obra viva medio morta, meudeus!
|
Unha cousa que dá peninha! |
E tinhamos que librar o sitio acabado o mes! Uiuiuiui, como se van pór os do Varadoiro! Ai, que nos botan!!
|
Aí ven o travel directinho ao Rei do Mar |
|
Isto son rodas e o resto arillos! |
Moito houbo que chorarlles! Un día máis, porfavorinho. Venha, que hoje vai sol e xa patenteamos un pouco... Anda, ouh! Que máis vos ten, se esta esplanada é enorme!
|
Mimá! E por onde comezamos?! |
- Cala e múdate! O que importa é que pensen que imos acabar hoxe!
|
Rápido! A cortar coa cinta! |
|
- Apurade, que eu xa rasquei todo o minio! |
|
Imos dar o patente, polo menos deste costado... |
|
- Por este costado, non por ese!! |
-Ei, mirade!!
|
- Non vinhan botarnos a nós!!! |
Ai, pois ló, deixámolo para manhá!!
E manhá acabaremos de dar patente... Às 15.30 da tarde, quen poida.
PostData: Tocaba botar unha crónica sobre fútbol gaélico, mais aínda estamos a intentar entender como raios se xogha...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende