martes, 22 de marzo de 2016

O Via Crucis da Sagrada Xeiteira

Hoxe às cinco, depois de renegar tres veces do noso Senhor Salvadurito, saiu en procesión a Sagrada Xeiteira, mártir antes que virxe, avoghosa das reghatas de dornas a vela e dos encontros marinheiros à beira do mar. 

A procesión foi acompanhada por centos e centos de freguesas, que ateigaban o percorrido do Via Crucis, entre o local do Naval e a rampla do Ídem, impresionadas polos traballos da Confraría d@s Cristinh@s Podréns, que por tradición, saca este paso cada primavera desde tempos inmemoriais.  

Grandes aglomeracións de devot@s agardaban a saída nas rúas do Naval.
Como di o Bicheiro: e non era mellor un gancho e un coche?
[Fixádevos que a Carminha está alá no fondo vixiando a maniobra]

Ai, que se vai! Ferro a fondo!
A solemnidade do paso era acompanhada por cantos desde as varandas.
[Vós non os escoitades porque non tendes fe]

Chegando à rampla, onde terá lugar a Santa Unción do Alquitrén.
Que emoción! E non choveu!
Instalada na rampla, chegounos o acordo: ai! a Unción (extrema, que o xoves chove) do Santo Alquitrén!! Que non llo botamos!!

Os costaleiros traballan, xa o di o nome, no costado do barco.
E no folio, outra vez!
Ai, meu deus, quen pintou isto??
Nova actuación do ghrupaso Dando Neghro!
Unxindo a cuberta con Lasur bendecido directamente no Xordán.
Conselho: nunca pintes a cuberta sen deixar sitio para fuxir...
[Outro consello dos de todos os anos]

Entre tanto, foi preparado o Sagrado Óleo do Alquitrén para untar a xeiteira. 

Pepe Gotera e Otília unxe que te unxe...
O Coviran non patrocina esta procesión pero sae en todas as fotos.

Mulleres, Homes e VinteVerzas: quen traballa, quen?
 Os aceites alquitranados combinados co sol da tarde propician, un, que se pegue ben a untura à madeira, e dous, que se droghen algho as pintadoras. E claro, entran en éxtase.

A Nosa Senhora do Rodillo Ghastado, pronta para a Ascensión.
Que bonito dar alquitrén e non ver o mar!!
Mais non todo quedou aí...

Santiagho Zedebeo apareceuse no galeón para rascar e rascar...
Josesinho Carpinteiro tinha case acabadas as ghateiras da Nova Marina.
E manhá máis, porque no local do Naval andaban a Poncia e a Pilata a rifar a cruz de dar alquitrén à Chíscala entre os barrabás e o Cristinho Podrén. 

- Lévaa ti  - Ai, non, lévaa ti, mellor.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende