Ese foi o traballo do venres: unha vez dado o branco, repintado o nome e co folio en proceso, só faltaba darlle patente à Nova Marina para deixala pronta para botar ao mar.
|
- Pero isto está moi incómodo para pintar!! |
Pois o de sempre, o de todos os anos...
|
E o comentario de sempre... |
"Dáme un ponto de apoio e móvoche os barcos todos"
|
- Venha, nenos, que xa ma tendes no alto! |
E como todos os anos, toca o artigo sobre como pintamos os barcos, o rectas que quedan as linhas, o tóxico que é o patente e as grandes asembleas para decidir se rebaixamos a pintura ou a damos tal cal...
Que repetitivo!!
Así que decidimos darlle ao asunto un puntinho de emoción...
|
Pousamos a xeiteira nun taquinho de nada... |
E a ver se a dabamos pintado sem que nos caíse enriba...
Ghuaue!! Isto si que é sentir tensión no ambiente!!
|
Coidado ao rascar!! non fagades vibrar demasiado as táboas! |
|
Cortando coa cinta en perfecto e tenso equilíbrio, uuuuui! |
|
Ai, si, nótase a man de pintura... e o medo no corpo! |
|
En vez de máscarita, ighual che vinha mellor un casco! |
|
Ai, mimá, xusto para que caia o taco!! |
Para darlle un plus de intriga, conectamos todos os cables que encontramos sen cinta illante nin nada, para enghanchalos cun par de focos... A ver se conseguimos acabar sen electrocutarnos! [senhoras da deputación: acaben o chiringo novo dunha vez, que isto é máis triste que roubar]
|
Sistemas jai-tec para traditional boats. |
|
A tranquilidade é que pagha o seghuro da Xunta: oitava lista! |
|
E novo repto: aguantar o barco cunha vara de portar. |
Ai, meudeus, que maneira de buscarnos sarillos innecesarios. Ah, non, se é a principal característica das navegantas tradicionais!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende