A ENT Dorna convoca para os días 27 e 28 de xunho a primeira Maratón Hixiénica do Bao.
NORMAS:
- Poden participar todas as personas que o desexen, estean asociadas à ACD Dorna ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Establece-se un cupo de 210 participantes. Non temos fregonas para máis.
- A organización non cobrará ningunha inscrición. As participantes poden vir de balde (e con balde). Recibirán un microchir contabilizador da velocidade e frecuencia de fregada, ademais de dorsais identificadores.
Material que será subminsitrado pola organización. - O circuito da maratón é o que segue: ghalpón do Bao, ghalpón do medio, e ghalpón dos banhos, recibindo as fregadas nestes últimos dupla puntuación.
O circuito xa está sinalizado (a foto é de Noé Parga, do Farodevigo) - Establécense dúas etapas: o venres 27 de xunho, de 17.00 a 20.00 horas, terán lugar os entrenamentos oficiais, realizándose o sábado 28 de xunho, no mesmo horario, a proba oficial, puntuábel para o Campionato Mundial de Freghadas de Ghalpóns de Dornas, por agora liderado polos Amigos da Dorna de Portonovo.
- As participantes deberán asinar un documento co que eximen de responsabilidade à ENT Dorna nas posíbeis lesións ou accidentes na manipulación de panos, fregonas, lixívias e vasoiras.
- Existirán avituallamentos, segundo norma da FGCMF aproximadamente nos quilómetros 0'05, 0'1 e 0'15 do recorrido, así como na zona de meta.
- O servizo médico da competición e esta xuíza árbitra estarán facultados para retirar da carreira:
- A todo atleta que non realice o circuito completo.
- A calquera atleta que manifeste estado de dopaxe alcólica.
- A todo atleta que non tenha mandil, mono ou bata de traballo.
- A todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo, escaqueándose do curre, ou se reitere en protestas perante a Organización por non querer recoller o lixo.
Todas as persoas participantes serán obsequiadas cunha medalla conmemorativa á
entrada en meta. Ademais do gozaren do orgullo de participar nunha Grande Limpeza.
Xa sabedes: o importante é participar!!
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminare cousa miña ou esta blogueira estivo a inhalar demasiados vapores sospeitosos???
ResponderEliminar