Que no sanxoán a sardinha molla o pan e comeza o verán!!
E co verán, comezan os xoves das grandes! Sempre que o vento e a chuvia cadren con xeito, el soprando e ela ausente, sairemos coas embarcacións grandes da ENT Dorna: a lancha xeiteira Nova Marina, a dorna de tope Peça de Rabo e o galeón de cabotaxe Rei do Mar.
E hoxe foi xoves!!
E as poucas que ousamos achegarnos ao Bao, saimos no galeón a mirar ben os cons do Furado, as recalmas do Campelo e os caminhos entre bateas para irmos preparando a Volta ao Mundo.
 |
| O ventinho deu para subir todas as velas |
 |
| Siiii, todas, dádenos tempo!! |
 |
| Antes temos que discutir por que a relinga non vai tesa! |
 |
| E mirade que é longo o barquinho!! |
 |
| Uuuuuuuiiiiiiii, case!! |
 |
| O mar, o mar, o mar. |
 |
| Directinhas para fender a ponte... |
 |
| ...ou a xeiteira! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende