A manhá foi dura. Aínda que a maioría só atendestes à essa temperatura perfecta para ir de praia, a realidade é que o vento refacheado e ben fersquinho facía complicada e técnica a primeira regata do Mundial de Dornas, a Regata dos Faros, d'O Grove.
Protección Civil tivo que preparar um dipositivo especial, propio de cicloxéneses. |
Até nos enviaron o helicóptero para recoller as velas que saisen voando... |
O caso é que a ENT Dorna enviou unha representación, porque n'O Grove organizarán os desembarcos que queiran, mais a piratas non hai quen nos ganhe; por algo somos carcamáns!
Ai mimá!, que barulho de saída!! |
Larri sempre leva na súa Bazarra xente á que aprenderlle cousas novas. |
Unha vez que desenredou a vela, a Caramecha chegou quinta... |
Aínda que non o pareza, a Javiota non comeu as pedras. |
A Zenaida ghanoulle a partida ao vento. |
A Maristela ghanou o premio à vela mais planchada. |
E tachán tachán!!! Aquí chega o importante!!
O notisión!!
A Mimela comprobando que TODAS as dornas quedaban atrás! |
Pois si: debemos confirmar e confirmamos que HERR DIREKTOR Salva e ou seu comandante Lino ganharon a primeira Regata do ano e deberán loitar desde xa para manter o liderado do campionato mellor que LaRoja e ao estilo da Laranxa. A ver se son quen!
Nada poden os piratas mecos ante a invasión carcamá!! |
As imaxes roubámolas do feisbu de Richy O Rei. Obrigadas.
me llena de orguullo i satisfacion (veseme ven na cara) ghanar unha rejata,,,,e punto.
ResponderEliminarbonita pilicula blogheira noraboa