Fomos un momentinho a sacarlle o torno à xeiteira, que tinhamos a inchar no Naval.
|
Unha chea de auga gardaba dentro! |
E mentres agardabamos que trousara todo o líquido, o senhor director adicouse a exercer de director, é dicir, recibir e facer chamadas acó e aló.
|
Pouca xente pode presumir de ter un despacho tan patrimonialmente marítimo. |
E chamaron de Portonovo. Que suspendían a Regata do Sepelo!
POIS MENOS MAL!!!
Porque no Naval, a cousa vai lenta....
|
A Onza aínda a voltas coa pintura... |
|
A Rosalía, por aí lle segue o ritmo... |
|
O Laberko aínda andaba co temón... |
E a
María, a dorninha de tope que iamos estrear no
Dìa das Letras, aínda non ten cana... Ou si:
|
Dentro dese cacho de madeira vive unha cana... |
|
O can de sanroque e a Carminha vixiando que non pase nada... |
|
Só a motoserra pode sacar de aí unha cana. |
|
- Píntalle aí un burato, que se non tronzo de máis. |
|
E cana con burato! Sí estaba no cacho de madeira... |
Xa que tivemos que suspender a primeira regata por temporal, Larry e Suso, que tenhen o seu traballo acabadinho, decidiron facer algún achicador para que non deamos quillarriba unha vez comece a tempada.
|
Un achicador! |
|
Dous achicadores! |
|
Tres achicadores! |
|
Catro achicadores! |
E si, imos parando!
|
Dez achicadores!! |
E así pasan as tardes nas que non temos regatas...
e o probe do rei do mar no grobe ,ai ,,,o non o ver , naide se acorda del,,,,ei , que este finde vai de protaghonista na festa pirata ,,,,que tamen esta a rejata dos faros ,que vai ser pola manha , ponhedevolas pilas que ven choio ,,,,,,,,blogheira , informa o personal como ti ben sabes,,,veña vicos,,,,,,,,,,,,,
ResponderEliminar