Algo estranho aconteceu este fin de semana: a María, a dorna de tope que deixamos a pacer no Naval, fuxiu. Habitualmente, cando pasan estas cousas, pelexamos un pouco (era cousa túa mirar por ela, non, túa, etc.), pero asumimos que é lei de vida elas emigrar cando queren.
Porén, unha nova fornada de xente chegou à Escola, e decidiu que non todo estaba perdido (nin a María) porque nestas cousas só é preciso saber preguntar. E se alguén sabía dela eran as demais embarcacións, que para algo botan día e noite no Naval. A nós o método pareceunos, ao comezo, algo raro, e observamos atónitas como ía avanzando a tarde.
|
As dornas repousaban tranquilas no local.... |
|
O novo equipo marcou a súa profesionalidade con uniforme encarnado. |
Inicialmente, o equipo de intervención optou pola tradicional técnica do "eu-véxote-a-ti-e-ti-non-me-miras"...
|
-Fala. Mora!! Onde está a María!!! |
E a Mora, solidaria coa dorninha, calaba... Coa Sapeira probamos o truque do poli-bo-poli-malo....
|
- Anda, di o que sabes, e cónproche unha vela nova... |
Tampouco a Sapeira falou.
Din que a actuación en grupo, en masa, incita à violencia. Que acabamos por facer cousas que soas nunca ousaríamos. Non saber da embarcación foi quecendo os ánimos e nacendo sádicas ideias entre as escolantas. Nunca antes o pensaríamos!!!
|
Algún recorreu à cinta adhesiva para inmobilizar a súa dorna... |
|
Outras optaban por cóxegas na barriga. A man... |
|
... Ou con lixa... Ai, esa epiderme! |
Nin unha só nave abriu a boca. Este feito foi incrementando o cabreo, por unha banda, e a preocupación pola María, por outra. Co moito que facemos por todas elas... que dornas corporativistas!
|
Das cóxegas pasamos ao rascado... -Fala, Marilús!, que ti tamén es pequena! |
|
E do rascado, à electricidade... Picana! |
|
Aplicando descargas nas escoras, tremían as quillas todas... |
E nada!!
|
Afogalas co aire quente da aspiradora foi o seguinte... |
E nada!!
Así que optamos por chamar ao Senhor White, chegado directo do albório do Reservoir Dogs, para que lles aplicase a súa técnica torturadora máis efectiva...
|
Mr. White comezando a súa intervención... |
|
...usando o soro da verdade. Se con ese cheiro non cantaban... |
E si, por fin, fartas de tanta sobada e toqueteo, as dornas cantaron, nun coro unánime e a dúas voces:
- Que a María está en Testos!!! En Testos! En Testos!
Ai! É que non nos afacemos a ter dous locais de traballo...
P.D.: A tortura, en realidade súfrena as nosas vecinhas do andar de arriba, as usuarias da Biblioteca Municipal, que este venres, se quixeron ler e estudar, igual foron incomodadas cos nosos traballlos e trebellos. Desculpade!!
neste blog falan de voso traballo
ResponderEliminarhttp://turismogalicia.blogspot.com.es/2014/03/escuela-de-navegacion-tradicional-illa.html
mimamima,,mima,,a cabesinha non para,,,, estas en plena forma blogheira
ResponderEliminar