Din os suecos que a primavera é un estado de ánimo. E que nesta época sempre nos entra vontade de darlle unha voltinha ás nosas casas, aos nosos cuartos, para que parezan outras e así comezar a tempada de verán com máis ledicia.
Pode que esteades pensando en mudar a pintura da sala por papel pintado; en reorganizar os mobles do dormitorio, en transformar cuns vinilos as cerámicas do banho. Na ENT Dorna, como somos especialistas en decor-acción, ofrecémosvos hoxe, de balde, uns pequenos consellos para deixar as vosas casas niqueladas:
|
Nunca pretendas colocar os cadros de maneira simétrica... |
|
Sempre lucen mellor se parecen pendurados ao chou. |
|
Nada mellor na sala que cortinados historiados (o fermoso non contradi o útil)... |
|
Aínda que sempre podedes combinar cortinados con estores... |
|
Os percheiros quedan moi ben no sanhuán da casa... |
|
E nada como un pizarrillo para simular desconchados e anotar recados. |
|
Se unha xanela dá demasiada luz, tapiámola cunha estantería... |
|
E sempre que poidades, abride as portas ao xardín! |
|
Se tendes garaxe, pintade o coche a xogo cos muros.... |
|
Non temades borrar e voltar a comezar. Todo sexa por modernizar a Soínha! |
|
E se hai que eliminar pinturas para deixar madeira à vista, eliminade!! |
|
Porque a madeira à vista é o último grito decorativo... |
|
Por iso a Maria quere que Lino a rasque todinha... |
Non digades que non tedes ideas para redecorar as vosas casas. Se quen non renova o fogar é porque non quere...
eres de medo rapasa,,,,non sei de onde tal sacas,,,a ti o da casa traumatisouche ,grasias polos tan apetitosos consellos , ti sige asi e aber si aghun non fai un cristo na casa
ResponderEliminar