...como dicía o Ánsar...
ídevos preparando que María e Madalena andan listas!!
Amosando publicacións coa etiqueta cea anual b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cea anual b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 3 de decembro de 2015
Estamos trabahando en ellou!!
Etiquetas:
cea anual,
premios podrén,
tempada2015
luns, 26 de outubro de 2015
A última cea (do ano)
E reuniu o presi Salva ao seu apostolado, e díxolle:
- Chega o día da festa do pan sen fromento, e temos que sacrificar o cordeiro do fin de tempada.
E os discípuos dubidaron, tres veces cando menos:
- E onde queres que preparemos a cea?
E enviou Salva dous discípulos e díxolles:
- Ide ao Bar Mexillón e encarghade tres menús, non sexa que non venha o Xudas e non nos cheghen os cartos.
E foron os discípulos e encargaron a cea e reservaron o sábado 5, cinco!, de decembro.
E dixo o profeta:
- Moito gosto de que as cousas saian ben!!
- Nin tanto, respostou Xudas, que era Iscariote perdido, só hai 70 prazas. Por orde de chegada. Vainos quedar fóra a metade da freguesía...
Os
![]() |
E chegharon a María e a Madalena, alzáronse ante o profeta Salva e exclamaron:
- E non pensarás que vai haber Cea de Fin de Tempada sen PREMIOS PODRÉN??? Una y no más, Santo Tomás!!.
Se picades neste doodle podedes anotarvos e votar o prezo do menú que preferides.
Se picades neste doodle podedes anotarvos e votar o prezo do menú que preferides.
Etiquetas:
actividades,
cea anual,
premios podrén,
tempada2015
domingo, 12 de outubro de 2014
Imos de cea!!!
![]() |
| Paella especial mar de fondo |
Que acaba a tempada!!
E se acaba a tempada, toca ir de cea!
Este ano mudamos o sistema. Como vivimos en crise e non saimos e aprendemos a cocinhar e botamos medio verán presumindo de ensaladas, empadinhas de berberichos, xoubas esparradas, empanadas de polbo, tortillas, xurelos escabechados, empanadas de raia, bistés de toda caste, polos ao allo e patacas ali-oli, pois decidimos acabar así o ano...
Desta vez non imos ir de restaurante, o restaurante montámolo nós. A idea é preparar as nosas super-fiambreiras e levarmos comida comestíbel e bebida bebíbel para compartir. Se nos organizamos, comemos e bebemos todas!
![]() |
| Eu xa comecei a preparar o churrasco |
Para argallar o asunto, teredes que CONFIRMAR antes do próximo sábado 18 de outubro se vindes ou non à cea, para despois, nunha segunda fase organizativa, repartir responsabilizades cocinheiras e bebedeiras. A confirmación, como sempre, a Salva por ghuasá ou sms.
A data proposta para a cea: o 8 de novembro.
Hala, a pensar o menú!!
mércores, 27 de novembro de 2013
Cea fin de tempada: premios podrén
E si, aínda que pareza mentira, os chupitos non chegaran à mesa cando deu comezo a gala para a IV entrega dos Premios Podrén, instituidos inicialmente para dar posibilidades de ganhar algo a todas as que nunca quedamos primeiras nas regatas...
A condución da gala foi encargada este ano à moscona marinheira e à licántropa dorna (si, o que leva posto é un traxe de dorna, alguén dubida?!), claro é, na versión choferas en prácticas, é dicir, podréns!
![]() |
| As i-responsábeis dos premios: djSusana e croonerBea |
![]() |
| Cunha nortada de papeluchos deu inicio a entrega de premios. |
O primeiro entregado foi o PREMIO REINBOU GUORRIOR. Concedémosllo ao noso guerreiro do risco da vella, Santi, que bota todo o verán, enteirinho, berrando con todas nós para que non aparquemos os coches no Bao, sen conseguir que lle fagamos caso. Iso que ten toda a razón: Praia da Canteira, Espazo Natural!!
![]() |
| O Leguas tivo a ben facer entrega dos presentes a un premiado de discurso inspirador. |
A ghorrilla que lle regalamos para que des-aparcase coches tivo un feliz fin de festa rodando por cabezas varias no Con do Moucho.
Lisa levou o PREMIO TERESHKOVA, por ser a primeira moza carcamá que navega con nós na escola e consigue acabar regatas. E demostra, novamente, que a xente da Arousa ten un cromosoma algures que lle fai aprender nun verán todo o que outras, de fóra, non damos sabido en anos. Envexa da cochina nos dá!
![]() |
| Embarcada na dorna de Bea e disposta a levar a súa bandeira por todos os mares. |
O PREMIO SAGRADA FAMILIA ten relación con este vídeo que surfeaba ultimamente pola internete e foi concedido à patronaxe da Sapeira. Case tardan tanto como os herdeiros de Gaudi en acabar de preparar a dorna! En febreiro botáronlle o empanetado, en marzo pintárona, en abril desenharon o folio, en maio botáronlle alquitrén, en xunho recravaron a cadeira, en xullo arranxaron as cavernas de meo, en agosto mercaron o mosquetón para o punho de amura e, por fin!!, en setembro, sairon a navegar.
![]() |
| En outubro, cando xa podían ir ver paxaros, os paxaros emigraron. |
Concedemos o PREMIO JULIO IGLESIAS a eses mozotes que comezaron a navegar con nós de nenos e aí continúan, resistindo e superando a adolescencia sen fuxir de nós. David Carallada non veu: o premio está a agardar por ti, xa sabes!
![]() |
| Entregou o premio o xubilado oficial: Calixto. Rubén estaba emocionado. Ben se lle ve! |
O PREMIO NEGRA SOMBRA foi, como non, para o podrén que conseguiu xuntar 18 dornas, corenta tripulantas, que subíramos dous ríos a vela e que cantáramos o himno galego remos en alto. En realidade, tinhamos que terlle concedido o PREMIO CAMISETA MOLLADA, porque por facer todo iso regalounos unhas camisolas preciosas e de tallaxe perfectamente acaída a cada corpo.
![]() |
| Nunca pensou Anxo que levaría para A Matanza as auténticas pestanas de Rosalía. |
Había um premio hai meses pedido e suplicado. As i-responsábeis dos premios tivemos a ben outorgalo e a que fallou foi a premiada. No seu nome, recolleu Salva o PREMIO MONIPENY.
![]() |
| NOELIAAAAAAA! este é para ti!! |
O PREMIO CAPITÁN HADDOKC foi para o patrón que ten que andar sempre abordo do Rei do Mar, queira ou non queira, pois é o único que ten papeis para gobernalo. Ademais, deixou unha barba estupenda de almirante pirata e fainos unhas fotos ben aqueladas para o bló: Manolo Santomé!
![]() |
| Entregou o premio outro barbudo recente: PACO |
Outros premiados que nos fallaron foron os receptores do PREMIO YSINEMBARGOTEQUIERO, que quixemos adicar especialmente aos mecos que apesar de todo (de ser de fóra, de ser península, de ser inimigos navegantes, de perder os reptos a remos, de...) colaboran con nós e botan unha man cando fai falta. Ía entregarllo Belén e por non asistiren, agora non sabemos por onde anda (o premio, non Belén)...
![]() |
| Mentres a marinheira botaba a copla; Belén mostraba o corazón para Kin e Dani Otero. |
O PREMIO PRINSESAS DO BAO foi para tres que sempre axudaron, porén nunca navegaron. Até agora, claro. Porque desde que temos galeón con solarium e unha pode navegar sen ter que botar man das drisas ou da cana, ai, as prinsesitas venhen!
![]() |
| Sole, Juana e Lidia lucindo os seus trofeus. |
Para finalizar, optamos por declarar anual e institucional o PREMIO COSTA CONCORDIA. Cada ano temos que entregar algún premio deste tipo (que se o titanic, que se o vascair...) e xa non sabemos que mercar (manguitos, flotadores, achicadores...). Así que pedimos ao premiado do ano pasado que fixese entrega das bandas de MISTER e MISS CUPARRIBA deste ano, repartidas democraticamente entre as tripulacións da Javiota (naufragada na regata do Sepelo) e da Jalerna (caída en combate na Regata do Carme de Ribeira).
![]() |
| Ricardo, Cartarola, Rubén, Bea e Sendi aprendendo da marinheira podrén a ir sempre na planeadora do xuiz.... |
Como vedes, montamos estes premios para ganharmos os que nunca ganhamos nada e os Jalernos, competitivos eles, ademais de levar regatas, acaparan tamén Premios Podréns. Estes xa son os segundos!!
A cousa non acabou aí. O amo do local tivo a mal ofrecer unhas vasoiras às condutoras da gala para limpar os restos da festa... Ai, ninguén entende às artistas!!!
![]() |
| María xa non casa... |
E isto foi todo. Para o ano, mais. Coidado co que facedes...
Cea fin de tempada: rosaliana
Atendendo ao noso chamado, no feisbu da sección bailonga da Asociación Cultural Dorna, a familia Parrumeira, pai e fillo, compartiron con nós unha chea de fotos da cea. Así podemos cronicar.
Como xa vos contamos, durante os cafeses e antes de entregar os premios podrén, o Presidente da Fundación Rosalía de Castro quixo ofrecer uns presentes à ENT Dorna en nome das rosalianas todas, e para iso escolleu unhas fotografías que entregou a tres integrantes da Escola como representantes de todas nós.
![]() |
| Javi recolleu a foto da dorna Rosalía que pasou o verán na Matanza. |
![]() |
| Para Parada foi unha reprodución da imaxe que xa vos mostramos aquí. |
![]() |
| E Salva recolleu a foto das dornas fondenadas no Malecón |
![]() |
| mismamente, esta foto que nos enviou o Doutógrafo. |
Todas as fotografías foron realizadas polo estupendo fotógrafo Eduardo Rivo.
Etiquetas:
cea anual,
Fundación Rosalía de Castro,
tempada2013
luns, 25 de novembro de 2013
Cea de fin de tempada
Este sábado pasado fomos de churrascada, para celebrar que seguimos vivas e sen lesións graves despois dunha nova tempada de regatas e choques e quillarribas.
Xuntámonos no Con do Sol e enchemos dúas mesas entre persoas navegantas, patroas, amigas e simpatizantas.
![]() |
| E alá aonde imos, levamos o mar con nós |
![]() |
| A seriedade durou menos do que os petiscos na man de Lino... |
![]() |
| Aínda que algúns ghastasen o tempo de ghuasá en ghuasá |
![]() |
| Iso sí, churrasco na mesa, telefones fora de cobertura... |
![]() |
| Os tres tenores comezaron a sacar copla tras copla... |
![]() |
| ...e acabaron por aparecer dos agochos todos os instrumentos. |
Chegadas as sobremesas e os cafés tocou a parte institucional da cea. Por unha parte, o excelentísimo presidente da Fundación Rosalía fíxonos entrega duns estupendos presentes, por ter levado a navegación tradicional às portas mesmas da Casa da Matanza.
Despois o excelentísimo presidente da Fundación Rosalia recibiu, dentro da gala dos IV Premios Podrén e entre outras premiadas, unha nova reliquia para incorporar aos fondos do Museo Rosaliano.
Porén de todo isto aínda non temos imaxes (porque as blogueiras faciamos parte da gala e non podemos estar a todo), así que non podedes gozar deses emocionantes momentos. Só imaxinalos.
![]() |
| E a foliada continuou xa con todo o mundo en pé cantando e danzando. |
![]() |
| Demos por acabada a festa a altas horas da madrugada. Agotás! |
Lisaaaaa!, Parrumeiroooos!, pasádenos fotos, plis!
venres, 22 de novembro de 2013
24 horas...
... para a nosa cea anual de fin de tempada e, claro é, para unha nova edición dos...
Vinde list@s!!
Etiquetas:
cea anual,
premios podrén,
tempada2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





























