domingo, 12 de outubro de 2014

Imos de cea!!!


Paella especial mar de fondo

Que acaba a tempada!!

E se acaba a tempada, toca ir de cea

Este ano mudamos o sistema. Como vivimos en crise e non saimos e aprendemos a cocinhar e botamos medio verán presumindo de ensaladas, empadinhas de berberichos, xoubas esparradas, empanadas de polbo, tortillas, xurelos escabechados, empanadas de raia, bistés de toda caste, polos ao allo e patacas ali-oli, pois decidimos acabar así o ano... 

Desta vez non imos ir de restaurante, o restaurante montámolo nós. A idea é preparar as nosas super-fiambreiras e levarmos comida comestíbel e bebida bebíbel para compartir. Se nos organizamos, comemos e bebemos todas!

Eu xa comecei a preparar o churrasco
Para argallar o asunto, teredes que CONFIRMAR antes do próximo sábado 18 de outubro se vindes ou non à cea, para despois, nunha segunda fase organizativa, repartir responsabilizades cocinheiras e bebedeiras. A confirmación, como sempre, a Salva por ghuasá ou sms.

A data proposta para a cea: o 8 de novembro.

Hala, a pensar o menú!!


1 comentario:

  1. so desir que as encarghadas do festin son bea e debora,,,,,,a elas animo , e os demais fasilitadelle o traballo,,,,que vai ser moito,,,,,veeenha vemonos

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende