E a Peça de Rabo pasou. É dicir, deixou, como todos os invernos, as águas frias da ría para facer a súa cura de lixa e pintura e relax.
E para iso había que subila no carro. Que mellor tarde que a de hoxe, asoallada e calorenta, para facelo!
|
Como podedes ver, o sol cegaba o obxectivo da cámara... |
|
...e cegaba a algún para escoller pantalóns (nós querémolo ighual!). |
|
Faise raro traballar no medio da vila e con tanto público! |
|
A operación de encarrar non é tan fácil... |
|
Aquí, o Salva, segue as instrucións que a blogueira lle daba, vía satélite, desde Arcos de Arriba ;) |
A Peça de Rabo, a nosa dorna de tope, xa dorme ao enxoito por uns meses. Agora toca revisala e ver que arranxos precisa. Polas fotos, unha boa limpeza da obra viva é o primeiro. Porque eu o digha!
As imaxes todas son de Manolo Santomé, que sempre que llo pedimos, exerce e cumpre como fotógrafo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende