![]() |
| O meninho de Castelao escolleu un pau un pouco penso... |
E di o senhor director:
o próximo sábado 25 de xaneiro a lúa e o sol alíanse coas dornas. Ela vai de creba e el vai lucir. O momento xusto para cortar pinheiros.
Imos pasar a manhá en Manselle, terra do insigne Angueira, aprendendo a ver paus onde outros só ven escuro arume arpado e monótono fungar. Ide anotándovos.
A hora xusta da quedada xa vola daremos por aquí.
P.D.: Moitas non o sabiades, mais o excelentísimo director da ENT Dorna é todo
un poeta. Mellor que outras e outros que andan a publicar libros e
libros...
ACTUALIZACIÓN!
Xa hai hora: saída às 9.00 desde o BAO.
O sr. presidente, o outro, o da Rosi, ten unha comilona argallada para ese día. Estende o convite às lenhadoras e carpinteiras da ENT Dorna. O menú non o entendemos ben, pero inclúe chopo con arrós e carne a brasa. Entre 12 e 15 € (visto o que bebedes, contade con 15 €, hehehe) Hai que anotarse, vía Salva, antes de manhá à noite.