E dixo, alá por setembro, o noso profeta Salvadurito:
- E haberá que ir levando dornas para o reino dos ceos, que ló venhen os trobóns e as tempestades e nada pintan nese val de pozas que é o Bao.
- Así será feito -respostaron as discípulas.
Todas? Noooon! Un grupo de belcebús encornáronse con que ían seguir a navegar eternamente:
- Nós aínda habemos vir todos os venres, que non son festa de gardar -dixeron as Sapeiras.
- Nós andaremos aos chopos até a novena do patrón -dixeron as Raposas.
- Nós sempre vamos ao revés que todas - dixeron as Ánxelas (as Merkel non, as Novas).
E por unha eternidade quedaron as demoníacas dornas como abandonadas na mallante, sen navegar, sen ir aos chopos, levando a contraria. Trasnas perdidas.
Hoxe, despois de longas negociacións co profeta, que atende polo ghuasá, fóra a hora da sesta, andaron o caminho de peregrinación.
Abandonando este triste val de bagullas... |
A Raposa, flipando de andar a vela. |
O Diosinho Windgurú, que pensa en todo, deixoulle boa tarde aos pilingríns. |
Parecía que o vento era pouco, porén as dornas, coa emoción de navegar, por fin, e pensando na entrada nos ceos do Naval, en auténtico milagre milagreiro, planeaban sobre as augas. Ou si! E xusto aí, por tras dunha batea...
...saltou o radar da DGT!! (ai, que vos pilla, Sapeiras) |
Menos mal que o axente de tráfico era pouco espelido, ou os poderes do Salvadurito máis grandes do que pensamos, porque as fotos da multa non pillaron folio ningún e podemos reclamar:
As bateas non tenhen folio.... |
Ai, mimá, que tanto corren as dornas, que nin se ven! |
E así, nun plis, no Naval.
- Chámalle aí ao profeta, que chegamos con ben. |
Prrrrr! Que frío!! Por que non as traeríamos en setembro!! |
O caso é que as derradeiras dornas en chegar ao Naval, en realidade foron as arrancadeiras de 2016.
Manda truco! E vai ser verdade iso de que as últimas han ser as primeiras!
O certo é que xa se notan os días. |
pois a raposa triplicou nesta pasada campanha á anterior nas capturas de chocos
ResponderEliminar