Marchou o temporal, limpouse o mar nas mallantes, adozáronse as táboas todas das dornas e
saiu o sol!
E cando sae o sol, e é inverno, nós pomos as embarcacións a secar, a limpar, a rascar e a pintar. Só que o galeón é un pouco ghrande para movelo así, ao brutallán da forza humana. Menos mal que temos na Arousa o travel máis ghrande do universo (da redonda, cando menos) e podemos levar e traer o Rei do Mar aonde nos pete (petounos perto, no varadoiro do Chufre).
Non sabemos se de estar tanto no mar ou de choverlle tanto seghido por cima, mais a verdade é que o Rei non estaba moi ben estes días...
|
Tinha un cuelgue fino!! |
|
Houbo que darlle unhas boas freghas para relaxalo... |
|
E unha boa ducha de hidromasaxe... |
|
E preparar todo para tombalo na padiola, decúbito supino perdido. |
|
Visto así, até parece pequeninho... |
|
E aí quedou, entre os cons, a tomar o sol... |
Agora toca reparación e mantemento. Iremos avisando cando toque (se herr direktor non convoca enriba da hora).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende