domingo, 26 de outubro de 2014

Viva o SERGAS!!

Que por fin temos cita para a operación!!

Despois de meses nas listaxes de espera, en agarda para secar a barrigha, apretar os ósos (esses cadrís coa prótese enferruxada), liftinear a pintura e operar a próstata, os cirurxiáns do Varadoiro do Xufre déronlle día e hora ao Rei do Mar. A verdade é que a cita é só para subir a quirófano, mais xa que estamos, imos aproveitar para darlle un bo repaso. 

O martes 28 às 15.00 horas (si, às 15.00, horario de marinheiros e funcionistas!) sobe o galeón ao travel. Quen queira velo, que venha. E de paso que traia a bata, a mascarilla e os bisturises, que boa falta van facer enfermeiros, cirurxiás, anestesistas e celadoras. 

Nese cacho guindastre vai subir o Rei. Quen o verá!

1 comentario:

  1. primeiro,,,a hora na ponhemos nos ,,,xa sei que non e boa pois amin fodema siesta,,,pero e o que ai,,,, cantos mais esteamos mais bonito queda,,,que se vexa que e un barco de moita xente,,,vai a estar doente pouco tempo por eso elle moi bo un gran numero de visitas que o animen ,e o mimen pa que vaixe pronto,,, era bo traerlle rejalos e mimos(espatulas , escobas , lubas,,,xas levamos nos , solo faltan as ghanas de traballar),,,,,aaaaala venha,,,vemonos porali

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende