Hoxe xuntámonos no Bao para vermos que nos deparaba o futuro. Outra cousa non, pero traballo, de sobra (ben podían escollernos a nós para resolver o tema este da crise!).
Salva explicounos as posibilidades con que contamos para a invernada deste ano. Ao final, é probábel que non saiamos da Arousa. Entre a Comunidade de Montes, a Fundación Deportiva Municipal e a Hatchery, igual damos gardado boa parte das dornas, e mesmo contar cun espazo na Arousa onde traballar no mantemento de embarcacións durante o inverno.
Explicando ben explicadinho cantas dornas imos gardar... |
Porén, o primeiro é recoller. Manhá temos que facer unha limpeza xeral e trasladar cacharradas varias. Por iso hai QUEDADA, á que estades todas convocadas, às 16.00 horas na casota do Bao, para organizar as tarefas da tarde. Cantas máis persoas vaiamos, antes acabamos.
Era ben que se ides ir, porén despois das 16.00, avisedes a Salva para que conte con vós.
E como na xuntanza parecía que xa había ansia por ponhernos a andar, aproveitamos para ir ao Cabodeiro, onde temos atracado o galeón, para recoller as velas novas, e todo o material de abordo...
Collendo forzas para botarlle a man à maior |
Parada desamarrando o foque para admiración dos toristas do Cabodeiro. |
Amarrando uns cabinhos e desamarrando outros. |
Por veces, o traballo máis necesario é o descanso... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende