Bitácula da Escola de Navegación Tradicional da ACD Dorna, Arousa.
luns, 27 de xullo de 2015
Encontros no Cabo 4: o final... chegou!
Eran horas!!
Que por estes lares deixamos abandonado o dominco e sen cronicarvos o último día... quizais foi o subconsciente dalgunhas, que como andaron a facer mal, tinhan vergonza de admitilo...
A motora saiu do Chufre à hora marcada...
Ao herr direktor non lle saían as contas....
- Pero se só tinha seis persoas anotadas!!!
Como no Xabarín Club: cada día eramos máis. Menos mal que a cousa xa acababa...
En chegando ao Cabo da Cruz, novamente reparto de embarcacións.
E aí o labor inconmensurábel desta blogueira e da súa asistente Débora. Exercendo a tarefa encomendada como community manageresas do blogue, non tivemos máis remedio que embarcar numa lancha de poliester (si, admitimos, de poliester!!) por ver de sacar algunha foto con xeito.
Sufrindo o plástico. Todo sexa pola ENT Dorna!
A blogueira en pleno sacrificio...
E puidemos admirar barquinhos.
Grandes, como o Evangelina Uno...
E pequenos...
Como os cangrexos (queremos dicir, os de vela cangrexa) andaban de regata, puidemos velos en plena conpetisión...
A Lavanqueira, buscando ganhar a posición...
Ou o noso preferido: o Ave de Paso (escopetaso!).
E polo medio, os arcaicos...
O Fredericksssund recén chegado (en foraborda) da Idade Media.
Ou os bateis chegados da EuskalHeria a boghadas...
Outro dos nosos preferidos: o Chasula.
... que agora é famoso. Non hai como sair na tele!!
E se non vai Claudio, a ver quen patronea a Falucheira!
Unhas das alegrías da manhá...
Por fin navegou o Presioso!!
Non moito máis pequeno que a catraia Santa Maria dos Anjos...
E navegando entre maravillas da tradición, a traición pillamos aos nosos...
Que fai esa enruga na maior do Rei do Mar?!
Ai, non. Así non pode sair no bló. Assistant! Mándalle un ghuasá a Salva. Que nos arranxe esa vela!!
- Ains, boh, se hai que ir, vaise...
Porfavorinho! Isto é outra cousa!!
E nestas pasamos a manhá... A verdade é que as fotos non compensan o sacrificio... Teremos que pedir unha cámara con xeito (ou mudar de fotógrafa)...
Unha vez que xantamos e nos despedimos de todas as amigas chegadas de tanto mar diferente, partimos para a longa travesía que nos traería de volta à Arousa.
Como tivemos que suportar os refachos e a empopada sen vara de portar a bordo da Salgharita, non hai fotos (se non hai poliester, non hai imaxes!). Iso si:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende