E correu a nova por toda a Arousa e o sábado de manhá xa o bar Porto estaba cheo de xente que facía a mesma pregunta: - Hai sitio na motora?
Se dous días máis duran os Encontros, temos que cobrar billete... Mesmo desde Madrid chegou Elías, só por facer o travesinho!
 |
Ides para o Cabo? -Imos!! |
E no Cabo ninguén durmiu. Entre o concerto de Treixadura, que algún esqueceu o saco no galeón e a distancia à que estaba o camping, o resto da expedición dorneira optou por durmir na rampla toda a noite e agardar alí a nosa volta.
 |
Moito nos botaron de menos! |
E outravolta a repartir tripulacións! E outravolta sairmos ao mar! Viva a naveghasión tradisional!!
 |
Un monte de paus decora o Cabo da Cruz. |
Un monte de paus que se move e despraza...
 |
O Republicano foi o primeiro... |
A manhá estaba moi agradable, solleira, con un ventinho que permitía navegar a todas as embarcacións: grandes, pequenas, expertas e podréns. Así dá ghusto.
 |
Procesión tradicional... |
A Peça de Rabo demostrou ser a mellor navegadora de todas. Mentres o resto de embarcacións daban unha voltinha à abra, nós andabamos de diante para atrás para poder achegarnos e non sacarlles tanta distancia. e nada que demos tres voltas, cando o resto deu unha.
 |
- Xuro que non vexo ninghún barco... - E non será que miras para onde non é, papaxán! |
|
 |
Fe em Deus, Fe em Deus, pois non é tan grande a Fe em Deus... |
 |
E à volta da navegación, a calma, a maldita calma. |
Menos mal que levabamos boghadores a bordo!
Durante o xantar a conversa era a mesma: con esta solleira, pola tarde navega Rita! Como non acabe a calma, eu non saio! Con esta calor, no mar é morrer! Porque vós nas fotos non o vedes, pero ía unha calor sahariana polo menos.
 |
E nesas estabamos cando quedamos às cinco... |
[Entretanto, no Presioso, volvían ter problemas co motor. E alá andaban os expertos maquinistas todos, a ver se daban feito bo del]
 |
Trata de arrancarlo, Luís, trata de arrancarlo! |
 |
E mentres agardabamos, chegou. |
Quen? O Vento. O vendaval. Queriades frescura? Tomade aire! Cada vez os refachos eran máis fortes.
 |
Os primeiros en voltar a terra: o lastre seique non era abondo... |
 |
O resto dos barcos voltando a porto. |
Moito traballo tiveron as planeadoras de apoio!! E a Sapiencia, perdón, Sapeira sufriu o seu primeiro percance de tempada e ficou sen cana...
 |
E como no duro inverno: frota amarrada! |
Xa que non navegamos, andamos un pouco por terra... E xa que iamos marchar na motora...
 |
que mellor que ver o ensaio de Radio Cos! |
...Antes do concerto no Rei do Mar.
[Porque como o Adelino Manuel seguía doente e o noso galeón é máis grande e espacioso, pois o concerto que Guilherme e Bastardo ían dar no Presioso, trasladouse à nosa coberta]
 |
Que comece xa, o público vai marchar!! |
 |
Guilherme cantando... |
|
 |
...ou é Bastardo? |
Acabado o concerto, e depois de cear, de volta para a Arousa na motora. Media expedición quedou nos bares, mais iso que volo conten elas. E na motora de volta, o máis melhor destes Encontros:
 |
Navegar o mar da Arousa na noite. Fermosura!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende