Anda estes días a lúa na forza, grande de todo e iso fai que as secas e as cheas da maré sexan estes días espectaculares. Seique o día co devalar máis amplo é manhá, porén onte no Bao xa tivemos festa bastante...
|
A maré entraba con forza polos carreiros da Canteira.... |
|
...e case entraba polo panhol adentro. |
Arremangadas como en Santurce para coller as velas!
|
Ou, simplemente, nadando. |
Cando as marés suben tantos reaparece o fenómeno que ten intrigadas as científicas de todo o mundo occidental: a aparición dos géiseres da Arousa:
|
Salva marcando as surxencias de ghas para facer o mapa xeolóxico. |
Como a maré estaba tan alta, chegaba ao límite da mallante, onde tinhamos as dornas. algunhas xa estaban nadantes polo que houbo que iniciar a operación Ponhendo en Seco.
|
Subindo dornas aínda máis arriba. |
Pero como levan dando chuvia toda a semana, e a agua facilitaba mover dornas, pois adicamos o tempo a traer dornas fondeadas à mallante para facilitar o posíbel achicado post-pluvial. Que aínda non chegou.
|
Santi traendo dornas... |
E xa sabedes, manhá, o día para salvar o Areoso, outro espectáculo de devalo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende