Como sabedes, na ENT Dorna temos un galeón, o Rei do Mar, que vén sendo un barco moi grande de manter...
O galeón na praia da Canteira. |
O Rei do Mar está varado estes días para limpar e arranxar. E se vos fixades, toca botarlle patente na obra viva, temos que facerlle traballos de mantemento na cuberta e a bomba de achique anda salitrosa. En fin, que o reisinho, como todos os reis, dá gastos, moitos gastos.
Por iso, Juan Pinheiro, da Chati, un dos nosos publicistas de garda, tivo a ben desenhar:
- uns estupendos bonos, para aquelas que non sodes socias da ENT Dorna, poidades colaborar con nós para manter vivo o patrimonio marítimo galego. Editamos bonos de 10 e 5 €.
Os talonarios sen estrear... |
- unhas estupendas crachás, de cores variadas que conbinan con todas as ropas e tecidos, que vendemos en troca da vontade.
Para gustos, cores! (que bonitas, non digades!) |
Todo isto no local da ENT Dorna, na praia da Canteira.
Xa sabedes como podedes axudar. E, iso sempre, podedes facervos socias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende