A blogueira non vai estes días a rascar e pintar, que anda a rascar a barriga e pintar a mona no estranxeiro; mais non por iso esquece os seu labores blogueirís.
E onte, paseando por estas terrinhas de fóra, deu en mirar para a proa, como o pirata da canción, e viu dun lado Pasai Donibane, doutro Pasai San Pedro, e alá ao frente, o ghalpón de Albaola.
|
E haberá que ir alá! |
Así que collemos o botinho que cruza a ría (riínha, que moi ghrande non é) e fomos visitar o museo vivo que Albaola creou nun vello estaleiro.
|
Deixamos atrás as casinhas de Donibane... |
E caminhamos até a Albaola Faktoria:
|
O da uralita no fronte xa nos gostou... |
|
Da madeira case sen desbastar gostamos moito máis... |
|
Pero que tiveran a dorna Meca a recibirnos, ai, emocionounos! |
|
De toda esa lenha seique queren facer un galeón: están tolos estes bascos!! |
Xa dentro do museo, a guía explicounos en que consistía a visita: vermos en vivo e en directo como se contrúe un galeón baleeiro do século XVII, ou por aí.
No primeira parte da visita, accedimos a unha exposición sobre a construción de barcos, a caza das baleas e o achado do pecio do San Juan, un baleeiro afundido en TerraNova, recuperado nos últimos corenta anos e que ven sendo o modelo da réplica que están a construir (vamos, o mesmo que o proxecto da Nova Marina, pero à biscaínha).
|
Moitos paneis explicativos e palés por todas as partes :D |
|
Navegando nun mar de tellas |
Unha vez pasada esta sección, accedimos à nave de traballo, onde podiamos ver aos carpinteiros sacar pezas do barco das madeiras de carballo, daquelas que tinhan fóra.
|
Deste paucinho de faia pretendían sacar a quilla do barco. Abríuselle. Oooooh! |
|
Non só constrúen galeóns, tamén réplicas de botes... |
|
Moita xentinha a traballar. |
|
A maqueta do pecio do San Juan e as pezas a tamanho natural. |
E despois de atender às explicacións da guía na nave de traballo, a visita aínda seguía até o terceiro e último espazo, o máis impresionante:
|
A Nova Marina non é nadinha acarón deste bichazo! |
|
Todo o espazo está desenhado para podermos seguir a obra de construción... |
|
Cacho estampa!! Tiveron que movela cun guindastre! |
|
Cazar baleas parecendo balea. Arte da camuflaxe. |
|
Van ter que acabar o barco fóra porque o ghalpón non vai dar a altura... |
E así, impresionadas coa marabilla de Museo que tenhen montado en Pasaia, collemos de novo o bote e voltamos para Donibane...
|
E alá ao frente, o Cantábrico. |
E xa está. A blogueira xa cumpriu coa crónica de Páscua.
unha dorna non, unha dorna meca: A Meca
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminaruma dorna, ainda que meca, não deixa de ser uma dorna ;) . a verdade é que o tamanho parecia-me mais grande que o das que navegamos na arousa, mas intentei reconhecê-la polo fólio e não houve maneira... agora que já sabemos qual é, modifico. a emoção foi a mesmo fosse meca fosse carcamã :D
ResponderEliminar