Capítulo XIV, versículo 13 do Evanxeo segundo Salva:
Unha multitude axuntouse no Cantinho e seguiu ao Suso do Gran Poder. El chamou polas discípulas podréns e dixo "Tenho
compaixón desta xentinha, porque hai tres cuartos de hora que levamos no galeón e
nada tenhen que comer. Non quero chegar a Sálvora en xaxún, para que non
desfalezan cazando e arriando os cabos", ao que as discípulas podréns responderon "Onde encontraremos neste océano de auga tantos pans para fartar xente tan comellona?".
Susinho do Gran Poder daquela preguntoulles cantos pans elas tinhan e a resposta foi
Só este bolinho de masa... |
El entón pediu à tripulación que sentase e tomou o bolo e
amasou e agradeceullo ao Noso Senhorinho que está en el Sielo, quebrando a masa e dándoa às discípulas podréns que, à
súa vez, as distribuíron ao resto da tripulación.
As discípulas repartindo os pans... |
Toda a multitude comeu até estar
satisfeita e, depois do milagre, aínda sobraron às discípulas sete
cestos com cachos de pan, tortilla, salpicón, polo fritido, empadinhas de berberichos, queixo, empanada de polvo, tomate, empadinhas de bonito, patacas alioli, empada de raia, bica, biscoito, torradas, biscoito2 e biodramina. O número das que comeron foi de doce.
Despois da tripulación saciar a fame, botou velas arrriba e partiu para as proximidades de Ons.
AMÉN.
viva a biodramina!!!
ResponderEliminarviva!!!