Como sabedes, para nós só hai unha paixón que mereza unha semana de procesións: a paixón polas embarcacións tradicionais.
Hoxe demos comezo ao calendario deste ano coa procesión dos Cristos Pilingríns que van a Marín nun bou. A comitiva saiu da Praia do Bao às 15.00 horas acompanhada das saetas cantadas pola agrupación Relinga; despois de catorce paradas en sendos crucis de via para tomarlle algho nas tabernas, chegou aos locais da Escola Obradoiro Aixola, portando o paso da Nosa Senhora Nova Marina, virxe e mártir.
|
Os nazarenos da Confraría dos Cristinhos visten de branco |
|
O paso da Nosa Senhora Nova Marina, lucía pintura nova, recén botada e virxe. |
|
O emocionante momento do Santo Encontro entre a Nosa Senhora e Santa Gamela. |
|
A Irmandade dos Cristinhos Condanados a dar aceite en plena penitencia. |
|
O noso Susinho do Gran Poder a un tris de por os puntos sobre o i. |
|
Algún confunde as datas e pensa só no San Ramón. |
|
E como somos tan beatas, o noso senhorinho del sielo, baixou del para admirar o traballo. |
E acabada de pintar a Nova Marina, a procesión voltou á Arousa para asistir ao outro Santo Encontro, ese do fúmbol.
Seguiremos informando da Semana da Paixón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende