Probabelmente foi a deste ano a botadura máis dificil de todas as que recordamos na ENT Dorna. A seca acompanhounos e a auga fuxiu do Chufre como alma que leva o demo.
O ritual é o de todos os anos, porén iso non evita que maio atrás maio, sexa emocionante. Sempre comeza o senhor director botando unha das súas parabolitas, neste caso a Parábola do Inverno Atemporalado e o Milagre do Galpón Filantrópico.
|
"E o ghalpón do Bao, agradecerémolo cando o vexamos, xentinhas sen fe". |
|
O grupo de música tradicional da ACD Dorna comeza o Himno do Antigo Reino da Galiza... |
E a dorna comeza a súa viaxe. A Patricia é unha dorna do trinque nacida na de Ayaso. Tróuxoa para a Arousa Fabián, e o amo quixo que probase o mar por vez primeira no día da inauguración da tempada deste ano:
|
.A dorna deslízase pola rampla, chamada pola música... |
|
...e o frufrú das velas arriba. |
|
O problema non está na baixada, non. |
|
Se non no final da rampla... sen auga. |
|
Facede sítio, que non collemos!! |
|
Que dis, que non oimos?! |
|
Trae aquí, que agharro eu!! |
|
Ai, ai, ai, ai,... |
|
Aí vai!!! |
|
Salvada!! |
|
Aparellos abordo... |
|
E a navegar!!! |
Para o ano que vén faremos como co Carme: será o día que nos pete, é dicir, cando cadre a chea da manhá en sábado às 12. Ea!
PD: as imaxes feitas desde terra son roubadas no feisbu de Fabián e de Relinga Couso.
xa o falamos no muelle, e tes raso'n , pos que todos os dias son dia das letras , faseremolo cando cadre toda chea
ResponderEliminar