Probabelmente foi a deste ano a botadura máis dificil de todas as que recordamos na ENT Dorna. A seca acompanhounos e a auga fuxiu do Chufre como alma que leva o demo. 
O ritual é o de todos os anos, porén iso non evita que maio atrás maio, sexa emocionante. Sempre comeza o senhor director botando unha das súas parabolitas, neste caso a Parábola do Inverno Atemporalado e o Milagre do Galpón Filantrópico.
  | 
| "E o ghalpón do Bao, agradecerémolo cando o vexamos, xentinhas sen fe". | 
  | 
| O grupo de música tradicional da ACD Dorna comeza o Himno do Antigo Reino da Galiza... | 
E a dorna comeza a súa viaxe. A Patricia é unha dorna do trinque nacida na de Ayaso. Tróuxoa para a Arousa Fabián, e o amo quixo que probase o mar por vez primeira no día da inauguración da tempada deste ano:
  | 
| .A dorna deslízase pola rampla, chamada pola música... | 
  | 
| ...e o frufrú das velas arriba. | 
  | 
| O problema non está na baixada, non. | 
  | 
| Se non no final da rampla... sen auga. | 
  | 
| Facede sítio, que non collemos!! | 
  | 
| Que dis, que non oimos?! | 
  | 
| Trae aquí, que agharro eu!! | 
  | 
| Ai, ai, ai, ai,... | 
  | 
| Aí vai!!! | 
  | 
| Salvada!! | 
  | 
| Aparellos abordo... | 
  | 
| E a navegar!!! | 
Para o ano que vén faremos como co Carme: será o día que nos pete, é dicir, cando cadre a chea da manhá en sábado às 12. Ea!
PD: as imaxes feitas desde terra son roubadas no feisbu de Fabián e de Relinga Couso.
 
xa o falamos no muelle, e tes raso'n , pos que todos os dias son dia das letras , faseremolo cando cadre toda chea
ResponderEliminar