E despois de botar a navegar a Patricia, pois houbo que acompanhala no paseo, non fora ser que se perdera, podrencinha que non conhece os fondos da ría nen os ventos do alto que azoutan o Campelo. 
A Peça de Rabo foi a primeira en arrincar a navegación, por dúas razóns: un, era a que estaba amarrada por fora e, dous, boghaban os expertos padexeiros de piraguismo. 
|  | 
| Así calquera! | 
|  | 
| Non sabemos que pasou coa xeiteira, porque despois arrincou o galeón. | 
|  | 
| Ahhhh, que raro a NovaMarina, levando boias por diante... | 
|  | 
| E nós, por mirar para ela, case comemos un bateeiro... | 
|  | 
| Que contento quedou o noso Salvadorinho co seu discurso! | 
|  | 
| Outro ano máis, fermosas postais marinheiras! | 
|  | 
| O Rei do Mar houbo de facer dúas viaxes para poder pasear a todo quisque. | 
|  | 
| A Patricia de volta ao pantalán, protexida por papá Rei (cacho velame!). | 
|  | 
| Estreada e navegada, a Patricia fondeou no Cantinho. | 
 
xa non e a primeira ´"volta"que escoito do discursiño , esta grabado e xo escoitarei de novo,,,,pero medo me da ,,,xa pido desculpas antisipadas si molestin a alghen , pa prosima faremos unha votasion , e o que lle toque que se poña , ,,,todos tendes dereito a metelapata jajajajajaja,,,,
ResponderEliminarei, ei, que nom havia retranca no do discurso...
ResponderEliminar