Porque as actividades do Día das Letras son algo máis que as marítimas. Non só de navegar vive a dorna!
Antes de botar ao mar a Patricia, as integrantes do grupo de música e baile tradicional da ACD Dorna espertaron a quen aínda andaba a dormir cun pasarrúas desde o Naval até o Cantinho, onde tiveron a ver botar unhas pezas, apesar do sol atronador.
 |
| Gaita e pirataría, grande alianza! |
 |
| Un grupo de expertas danzarinas! |
 |
| A gharroada levaba as voces por toda a Arousa. |
Ao tempo, no paseo do Cantinho, as letras acompanhaban ao mar en forma de posto de exposición e venda da Libraría Castelao.
 |
| Temos de todo, senhora!, ... |
 |
| ...libros para a nena e o neno, para a avoa e o avó! |
E unha seneira mexilloeira lucía os traballos do alumnado do CEIP Torre-Illa, que tiraron do produto local para exibir as súas cualidades, non culinarias, mais artísticas.
 |
| A seneira tivo que ser dupla, porque tanta arte era malcabida. |
 |
| Porque o mexillón dá para moito! |
 |
| Lucindo os traballos... |
E a manhá acabou, e chegou o xantar, para recuperar as forzas gastadas nun día tan calorento.
 |
| Que bonita a sombra debaixo da rotonda! |
 |
| E nada mellor que unha sesta para acabar o día... |
E fixemos a sesta en galego, claro, por iso de conmemorar o día como é o caso.
desde aqui agradeservos a todos a disposision que tendes sempre a votar unha man no que fagha falta , sin que nadie volo pida "casi",,,,,nada que asi da ghusto fasert cousas ,
ResponderEliminar