Na ENT Dorna non somos tan parvas. Xa sabiamos que o panorama do mércores non ía ser bonito, mais calquera seguía traballando despois do esforzo para salvar o Rei do Mar.
Quen máis quen menos durmiu, agardando que durante a noite, o temporal non desfixese a flota.
E o mércores às 8.10 da manhá...
Andar às crebas! |
9.07: Ghuasá! ghuasá! Ide vindo!! Están case todas as dornas no fondo. A Peza de Rabo e a Salgharita parece que resistiron.
Mentres se xuntaba a xente, a apanhar empanetados, temóns e remos por toda a praia da Canteira:
Chatarreeeeeeera! |
Chegado o retén de salvamento, tocou armar o rescate de dornas. O mar seguía bravo, e as dornas anegadas. Como dixo o outro, se nos organizamos, salvamos todas!
Suso e Leguas embarcaron na Orixes de Aníbal e bogaron dos fondeos para a praia, da praia para os fondeos. Toda a manhá! É claro que esa actuación merece un premio, e até aquí podemos ler.
Buscando o risón... |
Dorna que achegaban a terra, dorna que que caía en mans... |
... do retén de area. Con cabo e entre varias tocaba levar as dornas à mallante.
Chegando ás virillas de facía falta... |
... e mesmo máis alá! |
Se non vindes vós aquí, vou eu alí! |
- Esta tróuxena eu só ao lombo. Ben me chegho! |
- Ai Suso, porfavorinho, non esaxeres!
Iso si! Máis riscos non!
A Peza de Rabo, para o Cabodeiro!! |
De tarde continuou o mesmo traballo: asegurarse de que as embarcacións quedasen na mallante, e as que non se puderan coller até o xoves, que vinha calma, que non sufrisen no mar.
Ai, a Caramecha! |
- Como a ves? - Boh, aínda safou!! |
Ai, que gusto dá velas na beira!! |
Entretanto, no Cabodeiro, o mecánico revisaba o motor do Rei. Habedes saber que Lino e Carlos, cando o levaron da praia para o abrigo, artellaron un plan para renovar a maquinaria do galeón e que non dese máis traballos: o mellor era queimalo. E puxeron empenho, oe!
Pero nada, chegou o aviso do mecánico:
22.31. ghuasá! ghuasá! Quedade tranquil@s! A avaría non foi para tanto! Só a caixa dos petardos, ou dos mistos, ou dos chisqueiros, ou dos fueghos!
O traballo, por ser, foi ben duro. Pero o chea que quedas despois de facelo... iso non ten pagho!
- Que miras?! Si, nós salvamos un galeón, unha planeadora e doce dornas cun cabinho de nada, si.
- E sen despentearnos!! |
As fotos son de Anxo, Bea, Lino, Loli e Fernando, é dicir, do ghrupo de ghuasá da ENT Dorna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende