venres, 1 de maio de 2015

O porchito

Hoxe tocaba baixar a Peça de Rabo para botala ao mar a encharcar, que xa está aí o 17 de maio, pero en Houston-CanaNaval tivemos un problema: 

Alguén plantou o seu porchito diante do noso portal...

Así que, mentres agardabamos que o amo sacase o carricoche do medio, fomos facendo outros traballos.

A fondear varas e paus, para que non escachen por secas.
Á volta, como o porchito continuaba no medio e medio, fomos facendo outro asunto: reflotar o submarino que vós non sabiades que tinhamos. 

O racú disposto a abandonar os fondos marinhos.
Amarrando o Republicano para que non se monarquice.
Recuperando a flotabilidade...
- Marchou o porchito?
- Aí segue.
- Ui, vai levar nas cachas...

Pois perfeccionemos a buceta mentres...

Hai que sacarlle esas manchinhas de sica...
Ghuaue!! Maravilla!!
- E non aparece!
- Haberá que pintarlle de patente a obraviva
- He, he, había quedarlle ben!!

Pois nada, varemos a xeiteira, a ver se non está cando voltemos...

Alá están Salva e Inacio a resgatar a Nova Marina.
Novo deporte náutico: poping-surf!
Queriamos levala xunta o Komaira...
Pero fóisenos às pedras, ai!
Mas ao final demos feito...
...con auténticos nós de mestra. Nunca mellor dito.
E cando voltamos, o porchito seguía alí. 

- Se polo menos lle puxera a xesta do maio! Pois imos pola planeadora, a ver se así.
- Como aínda estea á volta, ighual leva uns pandullasos!

Venha arriba!
Como era que se chamaba a planeadora?
Non queirades saber por que tinhamos a Trancas camuflada... :)
Venha, que se está aínda o porchito, vaille a ghamela enriba!
- ISO, ISO, que aprenda!!

E o do Porchito, xusto apareceu cando gardabamos a Xastelas

- Home, horas eran! A ver se o sac... Anda!! se és Nolito!!

Era Nolito.
- Que Nolito?
- O do Celta, podrén!!
- Ah, vale, pero saca o coche do medio, que temos que levar a encharcar a Peça de Rabo.

- Ai, muller, déixalle estar o coche aí, que é Nolito!

E a Peça de Rabo agardará até manhá... se non ven Larrivey pola Arousa.



sábado, 25 de abril de 2015

Tardes de venres 3: viva a república!

Ademais da xeiteira Nova Marina, tamén botamos ao mar o racú Republicano, que se encargaron de preparar os piragüeiros.

Aquí houbo menos debates porque os patronsinhos aproveitaron que Uxío e Larry andaban a fondear a xeiteira para pactar as decisións. Mira que listos!

Iso si, como non leva motor, hala, cargámolo coa ghamela!
A Carminha presidía a procesión.
Moito nos gusta o seu nome!!
Como o carro era novo, baixámolo con roletes...
Con algún probleminha, foi indo.
E se antes mandaron aos vellos, agora puxeron aos rapaces a traballar...
Espabilade, que vai ao fondo!!
...como todas as repúblicas neste país!
Deste terra, atendían os liveguards.
E alá quedaron, fondeando o racú.
Tarde produtiva, non?


Tardes de venres 2: a eterna buceta.

Entretanto, ou entrementres, mesmo maintenant, nos interirores do local do Naval, a buceta ex-Laranha continuaba a sua transformación.

Tamén aquí aforramos os debates. E si, ao final aceptamos subila a un par de tacos e apartar todas as velas. 

Venha, Nela, xa podes pintar!
- Pois eu creo que así ainda non está ben -di Larry  -[Noooon!] -pensa Bea
E venha a dar branco!
Eu tamén, eh!
E venha a dar verde!
E venha a dar patente!
E retoca-lhe no branco!
A senhora patrona, lista para cortar a cinta!!
Se hoxe cumpriu co plan de traballo, a buceta tería que estar megapintada, pero quen sabe se aínda están a debater como darlle a segunda man de verde nas táboas da quilla...

Pode parecervos que o da buceta vai con moita calma, pero iso é porque vai o traballo feito con moito mimo e amor, non como outros...

...que deixan os logos sen pintar...
E uns nomes, ai, que maneira de pintarlle o nome!!



Tardes de venres 1: xeiteira ao mar!

Este venres fixemos tantas cousas (seguro que hoxe, entre a chuvia e que non estaba eu, traballastes moito menos), que imos ter que contárvolo por partes, para non agobiarvos. Ademais, tamén para facervos máis dixeríbel a crónica, imos aforrarvos os debates previos e discusións organizativas sobre ques, candos, e comos. 
Temos que admitir que non é tan fácil ponher a andar a maquinaria dorneira.

Venha, todo o mundo a ponher luvas de traballo!
Pois eu as puntas craváballas aquí, a-quí!
Unha vez acordadas, puidemos comezar o traslado da Nova Marina, pronta para inchar madeiras e chuchar salitre. 

A xeiteira viu unha luz ao final do túnel...
...e renaceu à vida, saindo por el! Cacho parto!!
Senhor alcalde, délle ancho às ruas antes de marchar, que non collemos!!
A rrasssss, escuadra esquerda, dereita toda con cambio rasante...
Feito o caminho, outra vez asemblea: como a baixamos?
Mulleres valentes que ensinan os dentes :)
Nos seus postos, preparados, listos...
XA!!
E alá vai levada pola ghamela do Allogar...
A tarde non se quedou aí...

Unha vez liberado o carro da xeiteira, había que instalar nel a Peça de Rabo.

Pero..., como?
Novamente, aforrámosvos os debates.

E pasamos directamente ao recurso básico do mundo carro: a palanca.
Os cinco magníficos admirando o seu propio traballo.
Que ben lles quedou!!


mércores, 22 de abril de 2015

Carreirón 10K



A envexa é malísima. 
 
E medio universo anda a darlle ao caletre para inventar calquera cousa máis impresionante que a Volta ao Mundo, desculpa, à Arousa en dornas a vela. E non conseguen. 

O último intento, o da Fundación Deportiva Municipal da Arousa, que como non pode competir com a ACD Dorna [non está ben ir a polas socias] pois en vez de navegar, dá a volta andando. 

Compararán!!

Aínda así, decidimos axudarlles, e para que pareza que van nun travesinho dos bos, aínda que correndinho, unha dorna acompanhará a saída, outra o avituallamento e quen sabe se un galeón na meta. Para que pareza.

  • En fin: tomade nota do evento: Carreirón 10k.
  • Reservade o día: 3 de Maio. 
  • Anotádevos para andar, correr, ou botar as velas arriba (isto último, con Salva). 

E asumídeo: por moi ben que o pasedes, a Volta à Arousa en dornas a vela é moito mellor. ;)


domingo, 19 de abril de 2015

Vento en pintura!

Directas para o 17 de maio! 
A Nova Marina está case lista, a falta de que a tarde do sábado permitise botar o patente (permitiu?). O venres démoslle o toque final en branco e neghro. 

Larry deulle os últimos toques ao nome.
E a blogueira ganhou dereito a navegar pintando um par de táboas...
...aínda que admite que foi tomar un café para safar de retocar o logo.

E outra que recuperou a louzanía da súa mocidade é a buceta. Por fin recuperou a cor primaveral que tivo en tempos, aqueles que acordamos as máis vellas. Nin punto de comparación...

Ese era o verde que a facía estupendirma! Fora loitos!
Para a semana ides flipar coa capa de branco no exterior...

Entretanto había quen andaba a tomar medidas para uma meninha nova, unha Chíscala que non ha tardar en chegar.

mércores, 15 de abril de 2015

Por se é o caso

...igual deberiades ir lendo...


... ou cantando...



Non vaia ser que vos faga falta de aquí a un mes...