Este venres fixemos tantas cousas (seguro que hoxe, entre a chuvia e que non estaba eu, traballastes moito menos), que imos ter que contárvolo por partes, para non agobiarvos. Ademais, tamén para facervos máis dixeríbel a crónica, imos aforrarvos os debates previos e discusións organizativas sobre ques, candos, e comos.
Temos que admitir que non é tan fácil ponher a andar a maquinaria dorneira.
|
Venha, todo o mundo a ponher luvas de traballo! |
|
|
Pois eu as puntas craváballas aquí, a-quí! |
Unha vez acordadas, puidemos comezar o traslado da Nova Marina, pronta para inchar madeiras e chuchar salitre.
|
A xeiteira viu unha luz ao final do túnel... |
|
...e renaceu à vida, saindo por el! Cacho parto!! |
|
Senhor alcalde, délle ancho às ruas antes de marchar, que non collemos!! |
|
A rrasssss, escuadra esquerda, dereita toda con cambio rasante... |
|
Feito o caminho, outra vez asemblea: como a baixamos? |
|
Mulleres valentes que ensinan os dentes :) |
|
|
Nos seus postos, preparados, listos... |
|
XA!! |
|
E alá vai levada pola ghamela do Allogar... |
A tarde non se quedou aí...
Unha vez liberado o carro da xeiteira, había que instalar nel a Peça de Rabo.
|
Pero..., como? |
|
Novamente, aforrámosvos os debates.
|
E pasamos directamente ao recurso básico do mundo carro: a palanca. |
|
Os cinco magníficos admirando o seu propio traballo. |
Que ben lles quedou!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende