A envexa é malísima.
E medio universo anda a darlle ao caletre para inventar calquera cousa máis impresionante que a Volta ao Mundo, desculpa, à Arousa en dornas a vela. E non conseguen.
O último intento, o da Fundación Deportiva Municipal da Arousa, que como non pode competir com a ACD Dorna [non está ben ir a polas socias] pois en vez de navegar, dá a volta andando.
Compararán!!
Aínda así, decidimos axudarlles, e para que pareza que van nun travesinho dos bos, aínda que correndinho, unha dorna acompanhará a saída, outra o avituallamento e quen sabe se un galeón na meta. Para que pareza.
- En fin: tomade nota do evento: Carreirón 10k.
- Reservade o día: 3 de Maio.
- Anotádevos para andar, correr, ou botar as velas arriba (isto último, con Salva).
E asumídeo: por moi ben que o pasedes, a Volta à Arousa en dornas a vela é moito mellor. ;)
por suposto , non ai color , e ben o saben os que organisan estos eventos,,,,,eu sonche mais de navegar , probarei nos maratons cando vexa o chegar a meta as mesmas caras de feisidade que na voltarousa,,,prometo
ResponderEliminar