domingo, 9 de agosto de 2015

O secuestro podrén

Este sábado pasado tinhamos programada a II Volta Podrén. Mais a cada vez que se achegaba o día, o windguru peor predición nos daba. Norte fresco, norte fresco! E, a verdade, o mundo chiringuiteiro tampouco merece tanta apurada coas dornas. Decidimos adiar a volta até novo aviso.

O sábado madrugamos igual e achegámonos ao Bao para ver se o día daba para sair co Rei do Mar

Algo bravo estaba...
 E Salva non se atrevía a navegar. E Lino dicía que a cousa era complicada. Moito norte para un paseo. E tumba. E dalle. 

E decidimos asaltar o barco:

Avilés: -Ai, vedes algún patronaso?  Bea: -Eva, busca as chaves...
Alá imos, a todo flispín!!
Cambiamos a mesana de banda...
Preparamos a escota da maior...
E botamos velas arriba!
E vela de popa arriba!!
Axustamos o repique...
... e xa estabamos co Campelo à vista, tanto corría o galeón. Nunca navegou a semellante velocidade! Debía ser cousa da patroa! (ou do vento, claro). Unha vez que a meninha xogou un pouco, mudamos de piloto, que as podréns somos moi democráticas nisto dos motíns (as culpas, sempre repartidas). Aínda que iso non quita que atendamos aos sabios consellos dos expertos.

- Aquelo de diante son bateas: se lle dás, que sexa ao medio.
Lobeznos de mar (Lupus Abulensis e Quiscalus Lupus)
O barco ía a centocén millas náuticas. Ai que medo!!

E canto máis entrabamos no Canal da ría, mais triscaba todo!
Tinhamos o medo no corpo!!
Para non ter que baixar ao camarote a polo plotter, seguimos o método tradicional de medición de rumbos e velocidades:

Pelos e rabo de Nela indicando vento norte forza cinco.
Con esa forza eólica (Débora, tampouco te pases nas peticións) decidimos baixar a maior. O pau traballaba moito e non había necesidade.

Navegamos só (só!) con foque e mesana.
E chegada a calma a bordo...

DIN DON DIN: 13.30 en punto. Hora do vinho!!
 E xa postas, cando se come aquí??

A ver, sacade aí uns pinchos...
Se alguén pensou que fomos esaxeradas baixando a maior, non se entera de nada...

Hai que facer sitio para a comida!!
E sempre que o senhor Salvatore pilla o mando...

...toca parábola aos ateos e perdidas.
Desta foi a Tentación do Noso Senhorinho no Café de Escarabote (Lucas 4:2-13).
E alá fomos de peregrinación!

Ocupando o peirán de Escarabote porque si, porque nos peta.
Non imos contar aquí a parábola do toldo anemómico, porque se o facemos xa non tedes escusa para facer vós a vosa peregrinación. Só vos mostramos o primeiro pilingrín: 

O carapuchinho carrilexo

Para a navegación da tarde, os wendigurús e metosgalicias daban aumento do vento. Como somos secuestradoras podréns, pero non loucas, decidimos tomarlle os rises às velas.

Arrisando a maior...
Amarrando a de popa...

A maior arrisada e herr direktor intranquilo.
Cousa pequena!!
A canto imos? A centocén millas, outra vez!
Tres aproad@s ao vento, que ulirán?
Ai, moito escoramos aínda!!
Tripulación ao completo (ben, a blogueira está daquí da foto)??
Noooon: faltaban as da zona WI-FI!
A tarde foi completinha de todo. Até tivemos visita turística...

Ao Guggenheim da Arousa, a Allogar batea!
E mesmo discusións técnicas...

Que si, que o satélite do plotter é esse de aí arriba!
Navegantas de honra...
Ai, e capitáns intrépidos!
Así, aos poucos, demos chegado ao Bao..

Outro medidor de vento: ceo cheo de kites!
Recollendo velas...
Devolvendo as chaves ao amo...
E abandonadas na praia, como manda a lei pirata.
NUNCA vos AMOTINEDES, NUNCA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

a falar a xente se entende