mércores, 5 de agosto de 2015

ADVERTENCIA: PERIGO

Este é un AVISO para calquera persoa que se achegue pola praia da Canteira. COIDADO con este home. É moi PERIGOSO

Simulando que fai uns estrobos.

Cando se ofreza para ir navegar con vós, FUXIDE. Ponhede escusas. TODAS. E, porfavorinho, isto é IMPORTANTE: non lle deades información persoal. Poderá utilizala para lastimarvos. 
Se non podedes evitar embarcar con el, nunca, NUNCA aceptedes calquera maniobra por fóra das habituais nunha navegación: que vos propón navegar coa vela a cruz? NON! Que vos propón mudar a empunhadura de amura? NON! Que se lle ocorre que ighual é posíbel facer o cambio nin por proa nin por popa, senón por couso? NON! Que vos propón navegar à maneira mediterránea? NON! Que quer facer un cote onde sempre facemos unha lasca? NUNCA!!

Porque ademais ten a capacidade de lastimarvos xusto nesa parte do corpo que máis usades: ides ao ranho? Escotazo brutal no lombo! Sodes vixiantes do Seprona? Cobadazo nos ollos! Sodes taxistas? caída de escora no pé de embraghar! Sodes blogueiras e medio poetas? Pertighazo buceteiro na cabeza de pensar e na man de escribir!!

NON! Parece inofensivo, pero NON o é. 

AVISADAS QUEDADES!!
 

1 comentario:

a falar a xente se entende