Onte chegamos ao Bao e eramos moita xente...
 |
Primeiro unhas poucas... |
 |
...e despois máis e máis... |
Na mallante, as dornas, o Rei do Mar, lanchas confrareiras e planeadoras de apoio. E toda a xente convocada polos Pandulleiros.
 |
Agardando a hora cero para embarcar. |
Como as da ENT Dorna xogabamos na casa, decidimos ir repartindo tripulacións en dornas e embarcacións grandes mentres agardabamos a chegada dos barcos das outras asociacións...
 |
O Presioso dos Calmoseiros chegou a motor. |
 |
Mentres armabamos a Peça, chegaba o Komaira a vela. |
 |
E a Lavanqueira da Fasquía coa súa vela nova... |
A orde: velas arriba cando mande o Rei do Mar. Ao final partimos tres galeóns, dúas dornas de tope, unha lancha xeiteira e sete dornas. Armada carcamá!!
 |
E saimos!! |
 |
Grandes e pequenas! |
 |
A Nova Marina coméndolle as papas à Peça de Rabo. |
 |
E a Roxinha comédollas à xeiteira... |
O tempo de agarda deu para moito.
 |
- Nenas, se nos orghanisamos, tomamos o Komaira antes de cheghar ao Areoso. |
E todas rumbo ao Areoso!!
Como dicía Débora, o mar estaba presioso. Daba ghusto ver tantas velas tradicionais, TODAS da Arousa, brillando na costa. A tarde axudaba, pois en contra das predicións metereolóxicas destes días, había un ventinho agradábel e lucía o sol...
 |
Pasando polo Cantinho, caminho do Campelo |
 |
Cousa bonita! |
 |
No Rei do Mar a tranquilidade daba para gozar das vistas... [CG] |
 |
..e do vento que ía a menos, a menos, a menos [CG]. |
 |
Pasando o Campelo por terra a maioría... |
 |
...por fóra o Komaira. |
Chegadas a Punta Cabalo, a calma. Saimos cara o canal para facer un último bordo antes de pór proa ao Areoso. Non houbo maneira, quedamos aboiadas entre bateas a mercé dun mar de fondo mareante...
 |
Que presioso se vía o Presioso! |
 |
O de aboiadas era literal [CG]. |
Facíase imposíbel chegar ao Areoso a vela. Só darían arribado as embarcacións con motor. A decisión: voltar à praia da Canteira, remolcadas as dornas polos galeóns. O Rei do Mar veu darnos cabo à xeiteira.
 |
Esas nubes na calma, de algo avisaban... |
 |
Collendo remolque e imaxes [CG]. |
 |
Remolque feito (e esas nubes...) |
 |
Ao Adelino Manuel aínda lle funcionaba o motor... |
E aquí acabaron as fotos!!
Chegadas ao Campelo de volta, o vento voltou aparecer. O Rei do Mar arriounos, armamos vela novamente... E a sufrir.
De súbito entraron mar e vento a caldeiros. Na Nova Marina, sorteamos bateas como puidemos, e no seguinte cambio cosemos dous rises. Feita a operación, e unha vez que subimos vela, arrepentímonos de noter cosido os catro. Por que non faríamos caso daquelas nubes!!
Enfin, a volta ao Bao foi dura para todas as dornas. O Rei do Mar e as planeadoras de apoio tiveron que recoller embarcacións e traelas de remolque. O Komaira houbo de axudar ao Presioso, que quedou sen bomba de achique, para despois quedar sen motor tamén. Como iso pasou às portas do Cantinho, alí quedaron xa. O resto fomos chegando como puidemos. É dicir, remolcadas.
 |
A Nova Marina salvada por Uxío. |
 |
A Peça de Rabo tamén salvada por Uxío. |
 |
E todas de volta para a casinha!! |
Como podedes comprobar, non demos chegado ao Areoso, mais seguimos a defender a súa protección igualmente. Ademais, se leva aí máis de dous mil anos, ben pode agardar por nós un par de semanas!
 |
Xa virán días sen tronada! [CG] |
As fotos marcadas con CG son de Cleopatra a Gata, evidentemente.