E mentres agardamos polo fondo fotográfico para narrarvos a regata de hoxe, vai unha de arroases.
O xoves tocaba saída con barcos grandes. A blogueira trouxo a súa panda de amigas de terradentro para que visen o que é iso de andar no mar sen motores bruantes e, para impresionalas, contratou unha manda de arroases que decorasen o mar. Para compensar o gasto, as amigas de terradentro sacaron boas fotos.
Embarcamos na Peça de Rabo ao tempo que nas outras embarcacións, a Nova Marina e o Rei do Mar, o facían outros grupos.
A Nova Marina botou vela arriba antes... |
...porque a nosa tripulación era un pouco arroás...
O patrón non lembraba como ía o chicote do penol... |
A trosa que vai? por proa? por popa? |
(por certo: a blogueira facendo algho!)
O as de guía!! Que traballos deu lembrar como se facía!!! |
Luis, Hulk, Chema, Arroasa blogueira: aprendamos!
Nudos: As de guía por sof93
Ao final demos armado, aínda que non acabaou aí a cousa. As arroasas non fixeron a revista previa da dorna e levaban unha vara de portar sen chicote. Tanto ten!!
Con levar tripulantes que aguanten o pau no sitio!! |
e porfin chegaron os arroases de verdade...
que moito xogaron con nós... |
Seguíannos e cruzaban dunha banda a outra por baixo da quilla. O aluguer é caro, mais quedan ben vistosos...
Así de pertinho andaban... |
Aínda así, algunha arroás miraba onde non era... |
E que crónicas queredes que vos faga, se nunca vexo o que hai que ver...
A orde de her direktorr era dirixirnos até a Punta do Faro e dar volta, sempre dependendo desa inimiga insidiosa:
A néboa, que non nos deixou ir alén do Campelo. |
Aínda que sí respectou a volta ao Bao. Que relax! |
E acabamos a tarde, contentas as minhas amigas de terradentro da tarde que pasaron entre arroases.
Algho de medo colleron, que fuxiron en canto puideron... |
As fotos son de Rosa de Cabanas e de Cleopatra a Gata.
Vaia, por fin confirmouse q a blogueira non é vampira nen nengunha outra caste de ser do inframundo. Sae nas fotos!!!
ResponderEliminar