Onte participamos, como xa vos contamos, na Regata Kalmoseira que organizaban a medias as asociacións Calmoseira e Komaira, da Arousa.
A manhá ameazou con chuvia, e cumpriu. É dicir, choveu. E clareou. E choveu. E clareou. Así seghido. En canto ponhías a roupa de augas, tinhas que mudala polo chapeu e as gafas de sol. Auténtico verán galego. O caso é que alá foi media flota da ENT Dorna en plan adestramentos oficiais para a XXX Volta à Arousa.
A regata consistiu na realización de dúas voltas no triángulo do Cantinho: Cantinho - Faro do Seixo - Seixo de Fóra. A saída foi entre os dous novos galeóns: o Komaira e o Presioso, e como organizaban a medias, tamén deron o pitido inicial a medias.
|
Caminho do Seixo, entre galeóns (imaxe do Con do Moucho) |
Como algunhas iamos alá, entre as primeiras, pouco vos podemos contar...
|
A saída desde o Chufre, entre bateeiros |
|
Algúns, como os Bettty Boop, levábano con calma. |
|
Igual que a Forza R... |
|
A Roxinha andaba máis atenta às fotos que às boias... |
E os Jalernos, primeiros case desde o comezo, facían real esa frase tópica que lamenta a soidade que dá o poder...
|
E non se aburrirán, así de soínhos toda a manhá? |
Como vístedes, para chegar ao Seixo tinhamos que navegar de empopada, facendo un cambio no Faro para ir de través até a boia de fóra.
|
A Mimela e a Lara Doce competindo polo posto. |
|
Como a Maristela e a Roxinha |
|
Ou a Ortelinda e a Caramecha |
|
A Bazarra, calmosa, non competía con ninguén. |
E mellor, que no mar todas nos axudamos, mais nas regatas desaparecen as amizades, como a de Bea e Calixto...
|
Onte navego contigo, hoxe peléxoche a posición... |
Pasado o Faro, ir fora buscando o melhor punto para iniciar a bolina, onde realmente se ganhan e perden os postos...
|
A Bandalha perseguindo ao grupo das primeiras. |
|
Todas para fóra!! |
As cousas non mudaron nos postos de cabeza... só que algunhas fomos perdendo postos, así como os mimelos os foron ganhando. Cachis!!
|
Os mimelos entraron tercerios no Cantinho! |
E na Rosalía aprendemos e demostramos como se perde un posto na linha de meta...
|
A proba de que non nos daba para entrar por culpa da punta dun molle... |
Pero a verdade é que o mellor espectáculo da Regata estivo xusto nesta chegada, axustada, desventada, que obrigou a varias de nós a facer mil cambios se quixemos entrar e que a Laverca amenizou como só ela e os Jalernos saben:
|
Gemma Mengual is back!! |
...para alegría e goce do numeroso público:
|
E non podería cair no medio do canal?, pensaba Bea. |
Pois aínda que vos pareza incríbel, si houbo algo que fixo esquecer a competición por molladuras regateiras e esa colocación da Bea en cabeza da clasificación:
|
O impresionante xantar que nos serviu a organización. Chapeau!! |
Finalmente, houbo entrega de premios:
3º Posto: Mimela
|
Que contentinhos están os patronsinhos! |
2º Posto: Xarandeira
|
Moito perigo correron eses mouchos na man do Santi pequeno... |
E 1º Posto e ganhadora por paliza: Jalerna
|
A Cartarola e Ricardo sempre se lles aparece esa senhora polo medio... |
As fotos son de Lisa, que renunciou a regatear por fotografiar...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende