Unha nova dorna chegou ao Bao. Ben, unha vella nova dorna. Algunhas de vós igual a reconhecedes, porque xa ten andado por este bló e polo anterior. Só que levou unha man de traballos tan grande este inverno, que hai que atender ben à súa fasquía para identificala.
Ademais, o senhor Inásio di que os nomes das dornas son moi aburridos, que sempre Carme, sempre Maruxa, sempre Lola ou Dolores. Así que mudou o María orixinal por este LindaMoly, que el di que vén sendo curmá por parte de nai da BettyBoop. É dicir, que todo queda na familia. Na familia de dornas de Inásio, enténdase.
Atención, PREGUNTA: que ten de diferente a LindaMoly? |
E dá ghusto ver tanto patrón xunto! Aínda que Larry se nos vai incomodar, que el di que non quer sair nestas cousas da interné...
Esta foto tan chusquinha, é de Débora, que sae nesta parte, pacá do obxectivo.
Esta foto tan chusquinha, é de Débora, que sae nesta parte, pacá do obxectivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende