xoves, 7 de agosto de 2014

Tarde no Bao: un pau!!

A Laverca dixo que se caiu ao mar na regata Kalmoseira foi porque enghanchou no pau. E venha a ronhar do pau, e disque disque e volta e dálle. Ao final, por non escoitala, Lino cedeu e adicou a tarde de onte a facer un pau novo. 
Por se non tedes Linos a man, aquí compartimos con vós a receita: 

PAU DE COMPETICIÓN

 

INGREDIENTES: 

 

A mesa do cirurxián cos bisturis dispostos.
  • Un pau de pinheiro tronzado coa lúa na míngua, descascado e secado.
  • Un carpinteiro.
  • Unha noz de saporedisale, madeira das máis duras.
  • Un lapis de carpinteiro, un metro, unha serra caladora, unha lixadora, un taladro, un martelo, unha escofina, unha trencha de viaxe e cola de pegar.

PASOS:


Cepillamos ben o pau para que sexa suave ao tacto (coidando os detalles)
Tomamos medidas para facer a cunha pica.
E venha a sacar madeira!
Importante! Se pasa polo chiringo a competencia, facemos coma quen...

Nooon, non estamos a perfeccionar a técnica, estamos a mirar a ponte...
E non nos deixamos presionar pola presenza de público...
Feita a cunha, escollemos o sentido que vai ter o pau. Cal a proa?
E seguimos a picar madeira...
Encaixa? Si!!
Pasamos a facer a noz...

Seguindo o modelo taladramos seis, senhora, seis buratos.
Probamos. Non colle. A axustar!
Dálle, Lino, dálle!
Coa noz no sitio, marcamos para rebaixar o pau e deixarlle a forma.
E a falta de trencha, serra caladora e pulso de ferro.
Limamos e axustamos para que colla a noz.
Pegamos...
... e, delicadamente, colocamos a noz.
Colle a ostagha, sinha Bea? Si!!

Pau listo? Non. Aínda hai que adaptalo ao laverquismo, porque cada pau é único e especial e vai ben só coa súa dorna.

A patrona en estado vertical, que raro!
Xa parece distinta con ese paucinho de fórmula1
Uiiii, non cabe na enfogonadura! Marcar, tinxir e cortar!
Repasamos para que dé o punto xusto. 
E venha a probar outra vez!
Si! A bola entrou! Superenfoghonada!
 Pau feito!! Listas para a XXX Volta á Arousa!

E a Laverca xa ten pau novo para xogar...

1 comentario:

  1. Fe de las ratas:
    1) O q está marcando lino non é a cuña, é a pica.
    2) Non é tan raro ver á patrona en vertical , porque sempre cae pola borda de pé, o q ten o seu aquel.
    3) A madeira da nos non é de saporedisale, senón doutra especie alóxena (que consume menos): saporedimare

    ResponderEliminar

a falar a xente se entende