luns, 19 de maio de 2014

Un mar de letras 3: entretanto, en terra...

Porque as actividades do Día das Letras son algo máis que as marítimas. Non só de navegar vive a dorna!

Antes de botar ao mar a Patricia, as integrantes do grupo de música e baile tradicional da ACD Dorna espertaron a quen aínda andaba a dormir cun pasarrúas desde o Naval até o Cantinho, onde tiveron a ver botar unhas pezas, apesar do sol atronador.

Gaita e pirataría, grande alianza!
Un grupo de expertas danzarinas!
A gharroada levaba as voces por toda a Arousa.
 Ao tempo, no paseo do Cantinho, as letras acompanhaban ao mar en forma de posto de exposición e venda da Libraría Castelao. 

Temos de todo, senhora!, ...
...libros para a nena e o neno, para a avoa e o avó!
E unha seneira mexilloeira lucía os traballos do alumnado do CEIP Torre-Illa, que tiraron do produto local para exibir as súas cualidades, non culinarias, mais artísticas.

A seneira tivo que ser dupla, porque tanta arte era malcabida.
Porque o mexillón dá para moito!
Lucindo os traballos...
E a manhá acabou, e chegou o xantar, para recuperar as forzas gastadas nun día tan calorento.

Que bonita a sombra debaixo da rotonda!
E nada mellor que unha sesta para acabar o día...
E fixemos a sesta en galego, claro, por iso de conmemorar o día como é o caso.




Un mar de letras 2: o paseo

E despois de botar a navegar a Patricia, pois houbo que acompanhala no paseo, non fora ser que se perdera, podrencinha que non conhece os fondos da ría nen os ventos do alto que azoutan o Campelo. 

A Peça de Rabo foi a primeira en arrincar a navegación, por dúas razóns: un, era a que estaba amarrada por fora e, dous, boghaban os expertos padexeiros de piraguismo.

Así calquera!
Non sabemos que pasou coa xeiteira, porque despois arrincou o galeón.
Ahhhh, que raro a NovaMarina, levando boias por diante...
E nós, por mirar para ela, case comemos un bateeiro...
Que contento quedou o noso Salvadorinho co seu discurso!
Outro ano máis, fermosas postais marinheiras!
O Rei do Mar houbo de facer dúas viaxes para poder pasear a todo quisque.
A Patricia de volta ao pantalán, protexida por papá Rei (cacho velame!).
Estreada e navegada, a Patricia fondeou no Cantinho.

domingo, 18 de maio de 2014

Um mar de letras 1: a Patricia

Probabelmente foi a deste ano a botadura máis dificil de todas as que recordamos na ENT Dorna. A seca acompanhounos e a auga fuxiu do Chufre como alma que leva o demo. 

O ritual é o de todos os anos, porén iso non evita que maio atrás maio, sexa emocionante. Sempre comeza o senhor director botando unha das súas parabolitas, neste caso a Parábola do Inverno Atemporalado e o Milagre do Galpón Filantrópico.

"E o ghalpón do Bao, agradecerémolo cando o vexamos, xentinhas sen fe".
O grupo de música tradicional da ACD Dorna comeza o Himno do Antigo Reino da Galiza...
E a dorna comeza a súa viaxe. A Patricia é unha dorna do trinque nacida na de Ayaso. Tróuxoa para a Arousa Fabián, e o amo quixo que probase o mar por vez primeira no día da inauguración da tempada deste ano:

.A dorna deslízase pola rampla, chamada pola música...
...e o frufrú das velas arriba.
O problema non está na baixada, non.
Se non no final da rampla... sen auga.
Facede sítio, que non collemos!!
Que dis, que non oimos?!
Trae aquí, que agharro eu!!
Ai, ai, ai, ai,...
Aí vai!!!
Salvada!!
Aparellos abordo...
E a navegar!!!

Para o ano que vén faremos como co Carme: será o día que nos pete, é dicir, cando cadre a chea da manhá en sábado às 12. Ea!


PD: as imaxes feitas desde terra son roubadas no feisbu de Fabián e de Relinga Couso.


domingo, 11 de maio de 2014

Propaghanda 2

E o sábado que vén, festa na Arousa!!

Cacho cartaz nos fixo o David da Raposa!

Propaghandas 1

No mundo das embarcacións tradicionais non precisamos acudir aos truques propagandísticos tradicionais (basicamente, primeiros planos de cachondonas) para facervos ganas de participar no Mundial de Regatas de Dornas a Vela.

Comeza a tempada!!


Regatas de Dornas a vela, 2014, Illa de Arousa from laurofcastro on Vimeo.


martes, 6 de maio de 2014

Barcasos

É dicir, barcos grandes.

E iso toca esta semana. Porque aínda que a blogueira acabara ghorada de tanta paixón pascual, a vida na ENT Dorna segue. E tanto se segue. E estes días estamos por ponher a punto a maquinaria embarcativa porque non queda nada para o 17 de maio.

ACTUALISASIÓN: a xeiteira probou a auga e di que lle está algo fría. e que non, que se nega a navegar. Saída adiada. Avisaremos da nova data.

Manhá, 7 de maio, às 16.30, hai que botar ao mar a Peça de Rabo. Todo o mundo para o Naval, que hai que axudar!

 O venres, 9 de maio, pola tarde, temos que ir a Marín a buscar a xeiteira Nova Marina, que xa onde vai que os da Aixola a encharcaron e deixaron a punto. E antes de navegala para esta ría hai que arborala... iremos con ela até Portonovo...

... a recoller o Rei do Mar, o sábado 10 de maio pola manhá, que se lle quedou alí esquecido à tripulasión pirata que o secuestrou o sábado de ghloria... 

outra vez velas arriba!
Xa vedes, viva os barcasos!!


domingo, 20 de abril de 2014

Semana de Paixón 6

Capítulo 21, Versículo 18 do Evanxeo segundo Salva

Pasou en tempos do profeta Uxío. 

Os apóstolos foran à illa de Sálvora para gravar unha pilícula.O Noso Senhorinho de los Parques Nacionales deulle un só mandamento: non te achegues à aldea de Sálvora que Satán pode derrubar tellados e muros só por fastidiar a pilícula. 

Pola noite, ao retirarse o arcanxo flamexador à torre, o profeta Uxío tivo fame. Foi à aldea e vendo unha figueira à beira do caminho, dela se aproximou, e non achou mais que facer que alimentarse dos froitos. 
 
O profeta Uxío pillado na allada.

Mais non lle souberon ben; e díxolle: Nunca xamais se poda achegar ninguén a ti. No mesmo instante secou a figueira. Vendo isto os apóstolos, maravilláronse e preguntaron: Como é que repentinamente secou a figueira? Respondeu-lhes Uxío: Ai, ai ai, en verdade vos digo que se alguén sabe que nós secamos a figueira, nunca mais teremos entrada en Sálvora. Fuxamos!»

Pasaron as estacións, migraron as aves e criaron as bestas. En tempos do Noso Susinho do Gran Poder, visitou este novamente a illa coas súas discípulas e observou as consecuencias do pecado cometido polo profeta Uxío, que el expiará por todas nós: 

PROHIBIDO FACER DE TODO EN SÁLVORA

Ao fondo, a figueira de Uxío, Aquí, o cartaz a botarnos fora.
AMÉN