Despois da encalmada monumental do sábado quedamos con morrinha de navegación. Tanta, que combinamos o domingo para dar un par de voltinhas. E por aí saíron ao paseo a Nova Marina, a Peça de Rabo e a Salgharita.
Mimá, tremendo temporal de vento!! |
Unha tardinha como a do sábado, máis pendentes de que non se quedase o vento que de atender aos trebóns...
Cousa tranquila, verdade? |
POIS NON!!
Parece todo calmo porque a Salgharita non pasou da Punta do Furado.
Ai, da banda da ría, que catastrofe acontecía!!
A prensa, como sempre, avisou tarde! |
As salgharitas e o salgharito viviamos tranquilas na inoransia, porque a Arousa, fermosa illa, facía para nós de valo protector.
Pero pola banda do Son, xa vedes, catro, senhora, catro tremores de terra, que remexeron todos os fondos marinos de Corrubedo à Costa da Vela.
E pillaron à xeiteira e à dorna de tope no medio do canal. Na forza máis brutal da tsunami!
A Peça de Rabo triscou a verga, porque o golpe do mar cazouna en plena empopada.
A Nova Marina.... ai, a Nova Marina!
A onda xigante levouna directa a Espinheiro! |
E aí quedou, var(e)ada perdida!
Din os dorneiros sesis que non saben que pasou. Que sairon do Areoso, de vixiar e coidar os ninhos de gavita, e que estaban a facer un cambio de vela por avante cando, de súpeto, zás, sentiron así como un pequeno estremecimento e moveuse o pau.
- Pensabamos que ighual levamos a vela con demasiada forza...
Ai, son tan homasos que nin notaron que era un violento sismo!
O pau algho si sentiu... |
Fomos á praia de Espinheiro comprobar os danos ocasionados polo terramoto...
Houbo sorte! Aínda que saiu da pía e foi para proa, non rompeu táboas. |
Romper, rompen barcos, pero oe, que ben arruman os cabos! |
Non había máis que facerlle: agardar à maré para remolcala e empiar de novo o pau con axuda dun bateeiro.
Botar o risón e até manhá! |
Todo hai que dicilo, os artistas safaron ben:
Sobreviviron ao tsunami sen golpes, coa vela enteira... |
...e boghando desde a outra punta da abra, alá onde o IGAFA!! |
PREMIO PODRÉN!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
a falar a xente se entende